Moeda de 50 céntimos de euro

A moeda de 50 céntimos de euro é dunha aliaxe composta por un 89 % de cobre, chamada ouro nórdico, que, malia o seu nome, carece de ouro na súa composición. Ten un diámetro de 24,25 mm, un grosor de 2,38 mm e un peso de 7,80 gramos. O seu bordo é ondulado (festonado).

Reverso común da moeda de 50 céntimos de euro, deseñado por Luc Luycx

Todas as moedas teñen un anverso específico de cada Estado e un reverso común para toda a eurozona, deseñado por Luc Luycx, gañador dun concurso convocado para ese efecto polo Consello Europeo e resolto na súa reunión de Ámsterdam do 13 de xuño de 1997. Este reverso común tivo un pequeno axuste en 2007.[1][2]

Caras actuais editar

Caras antigas editar

Prototipo especial (1997-1998) editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar