Modesto Lafuente y Zamalloa, nado en Rabanal de los Caballeros (Palencia) o 1 de maio de 1806 e finado en Madrid o 25 de outubro de 1866, foi un xornalista, historiador e escritor satírico castelán.

Infotaula de personaModesto Lafuente

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoModesto Lafuente y Zamalloa
1 de maio de 1806 Editar o valor em Wikidata
Rabanal de los Caballeros, Palencia
Morte25 de outubro de 1866 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de San Lorenzo y San José Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , historiador , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoRomanticismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Estudou nos seminarios de León e Astorga, e teoloxía na Universidade de Valladolid. Cambiou a carreira eclesiástica pola política desde 1837 en León. Liberal progresista, fundou nesta cidade o periódico Fray Gerundio (1837), que proseguiu logo en Madrid até 1849 cunha interrupción entre 1843 e 1848. Desde el, difundiu as ideas de liberdade e progreso. Gozou de enorme fama en toda España, especialmente polas súas «Capilladas» satíricas sobre personaxes e costumes. Desde 1854 traballou a favor de Leopoldo O'Donnell e a Unión Liberal. En 1856 foi nomeado director da recentemente creada Escola Superior de Diplomática. Morreu no ano 1866 e aínda que foi enterrado en Madrid, en 1971 os seus restos foron trasladados á localidade de Mayorga (Provincia de Valladolid). Condecorado coa Gran Cruz de Isabel La Católica, foi membro da Real Academia de la Historia. Na Real Academia de la Lengua Española, pode verse un dos poucos retratos que del se conservan.

Obra editar

 
No mapa elaborado por Lafuente para Historia General de España, o autor traduciu o termo árabe Jalikiah (referido ó Reino de Galiza) polo nome Reino de León, como parte da tendencia historiográfica da época.

Á parte de crear o seu xornal, Modesto Lafuente é lembrado pola súa monumental Historia General de España (1850-1867) en vinte e nove volumes, que continuou Juan Valera. Considerada a obra paradigmática da historiografía nacionalista española de corte liberal do oitocentos, supuxo a superación definitiva da antiga historia de Juan de Mariana e, tendo por obxectivo a creación da conciencia nacional española[1], sendo aínda hoxe moitos dos seus mitos de vixencia actual. Entre outras accións, traduciu o termo Jalikiah (Khallikiyah) dos mapas da época árabe, que se refire a Galicia, como "Reino de León".

Outras obras súas son Viaje de Fray Gerundio por Francia, Bélgica, Holanda y orillas del Rin (1842), con interesantes noticias de viaxe, Teatro social del siglo XIX (1846), de rumbo costumista e satírico; Viaje aerostático (1847), sátira política sobre Europa, e La cuestión religiosa (1855), defensa da unidade católica española.

Notas editar

  1. Cf. Roberto López Vela, "De Numancia a Zaragoza. La construcción del pasado nacional en las historias de España del ochocientos", en R. García-Cárcel (ed.), La construcción de las historias de España, pp. 195-299

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Pérez-Bustamante de la Vega, Ciriaco (1967). Primer centenario de la muerte de Don Modesto Lafuente discurso leído en la junta solemne conmemorativa del 29 de enero de 1967 por Ciriaco Pérez Bustamante, Madrid: Imprenta y Editorial Maestre.
  • Ricardo Navas Ruiz: El Romanticismo español. Madrid: Cátedra, 1982 (3ª ed.).
  • Lafuente, Modesto (2002). Historia general de España desde los tiempos más remotos hasta nuestros días : discurso preliminar; edición de Juan-Sisinio Pérez Garzón, Pamplona : Urgoiti. ISBN 84-932479-5-2.
  • García Cárcel, Ricardo (2004). La construcción de las historias de España, Madrid: Marcial Pons. ISBN 84-95379-80-5.