Modesto Brocos

pintor galego

Modesto Brocos Gómez, nado en Santiago de Compostela o 9 de febreiro de 1852 e finado no Río de Xaneiro o 28 de novembro de 1936, foi un pintor galego-brasileiro.

Modesto Brocos Gómez
Autorretrato.
Nacemento9 de febreiro de 1852
 Santiago de Compostela
Falecemento28 de novembro de 1936
 Río de Xaneiro
NacionalidadeEspaña
Na rede
BUSC: brocos-modesto-1852-1936
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Era irmán do escultor Isidoro Brocos y Gómez, profesor da Academia de Belas Artes da Coruña. Terminados os estudos, aos dezaoito anos, pretendeu gañarse a vida na Arxentina, mais dous anos despois estaba no Brasil ilustrando o semanario O Mequetrefe, de Río de Xaneiro. Introduciu no país a técnica do xilogravado aplicándoa nas súas ilustracións.

En 1875, inscribiuse como alumno libre na Academia Imperial de Belas Artes, onde recibiu clases de Vítor Meireles e Zeferino da Costa.

 
Engenho de mandioca (Muíño de mandioca), 1892.

De xenio inquedo, antes de dous anos mudouse a París, onde ingresou na Escola de Belas Artes, tendo como mestre ó alemán Henri Lehmann. Incontento, marchou a Madrid, regresando ó pouco a París e despois marchando a Roma, onde encontrou ó seu protector, o artista español Pradilla. Frecuentou durante cinco anos a Academia Chigi ata 1890. Nesa época xa era un artista maduro, autor de excelentes obras e frecuentador do Salon parisiense. Na condición de pintor con formación completada, retorna a Río de Xaneiro por invitación de Rodolfo Bernardelli, daquela director da Escola Nacional de Belas Artes, sucesora da vella Academia Imperial.

Profesor da Escola Nacional de Belas Artes durante a Primeira República Brasileira, fixou con realismo os tipos e as escenas brasileiras. Practicou diversos xéneros de pintura e foi autor de libros como A questão do ensino de Bellas Artes (1915) e Retórica dos pintores (1933).

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar