Mochi

Masa de arroz xaponesa

O mochi (en xaponés: 餅; en chinés: 麻糬), é un boliño feito de arroz glutinoso moído en pasta e despois moldado, típico da gastronomía do Xapón. Aínda que se consome durante o ano todo, é tradicional no Shogatsu (Aninovo) e en ocasións especiais como nos nacementos e casamentos[1] En Galicia, e en todo occidente, é común atopalo coma sobremesa doce (daifuku) nos restaurantes xaponeses, recheo de froitas, de diferentes cremas, escumas ou xeados.

Pasta de arroz Kirimochi ou Kakumochi
Pasteliños de arroz Marumochi
Amasado do mochi nun usu tradicional

Durante as festas de Aninovo, que no Xapón duran varios días, promóvese en todo o país o festival do mochitsuki no que o mochi prepárase e distribúese para todo o público. Algunhas localidades ou entidades axendan o mochitsuki para o terceiro día do novo ano.

Nesta época, moitas empresas fechan as súas portas a partir do día 28 ou 29 de decembro, acompañando o costume xaponés de celebrar o Aninovo en clima de festa polo menos até o terceiro día do novo ano.

Mochitsuki editar

O mochitsuki é un festival que conta coa participación popular desde a recadación de fondos, pasando pola organización e realización do cerimonial, no que a xente se turna para esmagar o mochi.

Como rito de paso de ano, o esmagado colectivo do arroz ás vésperas do Aninovo é emblemático: representa a certeza da recompensa do esforzo arduo e solidario, e a distribución do mochi no Shogatsu, a renovación da esperanza de fartura á mesa durante todo o ano que se reinicia. Para o cerimonial:

  1. O arroz glutinoso puído déixase nun mollo durante a noite e despois cócese.
  2. O arroz cocido mállase cun mazo (kine) nun morteiro (usu). Dúas ou máis persoas traballan con movementos ritmados esmagando, virando e humedecendo a masa.
  3. A masa macerada moldéase en varios formatos, dependendo da localidade. En Osaka o mochi toma forma esférica, en Toquio o formato é cúbico.

Aínda que o mochitsuki non sexa necesariamente unha celebración relixiosa, gran parte das familias xaponesas celebra a pasaxe do ano ofrendando mochi a deidades nos seus oratorios domésticos, motivo polo que atopamos electrodomésticos que fan mochi até mesmo fóra do Xapón. Microondas e panificadoras domésticas tamén fan ás veces de "mochiceiro" aproveitándose para cocer a vapor e amasar o mochi.

Variacións populares do mochi editar

Confeitaría editar

Diferentes tipos de wagashi (doces tradicionais xaponeses) fanse con mochi. Por exemplo, o daifuku é un mochi suave e redondo cun recheo de anko doce. O ichigo daifuku e un doce recheo cun amorodo enteiro.

O kusa mochi é unha variedade verde de mochi consabor de yomogi. Cando o daifuku se fai con kusa mochi, chámase de yomoji daifuku.

Xeados editar

Artigo principal: Xeado de mochi.

No Xapón e nos Estados Unidos elabóranse xeados de mochi. As boliñas de xeado envólvense en mochi e véndense en diferentes sabores (chocolate, manga, té verde, café, vainilla e amorodo). En Galicia xa se atopan coma sobremesas dalgúns restaurantes. Xa se atopan en supermercados, como no Mercadona.

Sopas editar

Oshiruko ou ozenzai é unha sopa doce de feixón azuki con cachos de mochi. Os xaponeses acostuman tomar esta sopa no inverno para se aqueceren.

O chikara udon (macarrón da forza) é un prato que consiste en macarrón udon en sopa con mochi torrado por riba.

Especialidades do Aninovo editar

Kagami mochi é un arranxo de mochi “en espello” que despois de pasado o Aninovo pártese e cómese seguindo un ritual chamado Kagami biraki (abertura do espello).

A sopa zoni é unha sopa que contén pasta de arroz. O zoni é un prato que tamén se come no día de Aninovo. Alén do mochi, o zoni contén outros ingredientes como o vexetal xaponés mitsuba, a cenoura e o kamaboko vermello e branco.

Kinako mochi é outro mochi que tamén se prepara para o Aninovo para dar sorte. O modo de preparar o mochi inclúe: torrar o mochi sobre o lume ou nunha grella, despois mergullalo nunha mestura de mollo de soia, azucre e auga, e por fin pasar en kinako (farelo de soia).

Outros editar

Warabimochi non é un mochi propiamente dito, mais un doce xelatinoso feito con amidón dunha planta chamada warabi e cuberto ou mergullado en kinako (farelo de soia torrada e adozada). É moi popular no verán e se vende en camionetas coma se fose o xeado en Occidente.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar