Mislata

municipio da Comunidade Valenciana

Mislata é un municipio da Comunidade Valenciana. Está situado na área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Oest. Ten 43.740 habitantes (INE 2008).

Modelo:Xeografía políticaMislata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°28′29″N 0°24′58″O / 39.4747, -0.416Coordenadas: 39°28′29″N 0°24′58″O / 39.4747, -0.416
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarcas da Comunidade ValencianaHorta Sud Editar o valor em Wikidata
CapitalMislata Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación45.644 (2023) Editar o valor em Wikidata (21.735,24 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie2,1 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude29 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónQ11935373 Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataCarlos Fernández Bielsa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46920 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE46169 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir46169 Editar o valor em Wikidata

Páxina webmislata.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: AjuntamentDeMislata Twitter: AjMislata Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Mislata está situado na marxe dereita do río Turia. O relevo do chan non presenta ningún accidente xeográfico que destaque sobre o terreo chan, formado por aluvións cuaternarios de natureza arxilosa. Tampouco o leito do río Turia é moi fondo. A poboación está situada en terreo chan. O seu núcleo antigo constitúeo un acervo de estreitas e tortuosos canellas, principalmente na parte que foi mouraría, poboado que quedou incorporado plenamente no século XVIII.

Limita cos municipios de Quart de Poblet, Xirivella e Valencia.

Demografía editar

Nos últimos anos, lonxe de parecerse a aquela vila da horta valenciana que foi nun pasado non moi afastado, Mislata foi evolucionando ata o punto de converterse nun dos municipios con máis densidade de poboación de Europa. Cando se execute o vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana, Mislata terá urbanizado todo o termo municipal, aínda que as perspectivas actuais son que isto aínda tardará uns anos. O exceso de urbanización transformou a Mislata nunha cidade pouco habitábel.

A data de 2007, conta cunha poboación de 43.336 habitantes. Con 21.050 habitantes por quilómetro cadrado a densidade de poboación de Mislata desborda a do resto das poboacións españolas e pode asemellarse á de París (24.783), acrecentando a que Shanghai ou Toquio acadaron. Nin que dicir ten que é netamente superior á das principais cidades do País Valenciano, por exemplo Valencia chega aproximadamente aos 6.000 habitantes por quilómetro cadrado.

Evolución demográfica de Mislata[1]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2006 2007
Poboación 1.116 1.296 1.411 1.729 2.580 4.962 6.638 6.970 10.931 20.020 33.384 38.740 40.616 43.363 43.336
 
Cruz Cuberta de Mislata, situado na beira entre os termos de Mislata e Valencia
 
Casino Centro Instructivo Musical de Mislata

A poboación mislateira que naceu fóra do municipio supera amplamente o 70 %, ademais dos nacidos noutras comarcas de Valencia hai unha numerosa presenza de andaluces, castelán-manchegos e aragoneses. Lonxe están os 724 habitantes citados no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz en 1848[2]. Ultimamente multiplicouse a presenza de mislateiros de orixe comunitaria e extracomunitaria. Son especialmente significativas a comunidades de colombianos, armenios e paquistanís. Estes datos están postos en cuestión pois, segundo outras fontes en Mislata, existen máis de 50.000 cartillas sanitarias o que evidencia o desfase entre a estatística oficial e a realidade.[3]. Porén, xa se observa o esgotamento do incremento de poboación, a pesar das novas construcións. A falta de espazo nas rúas e a saturación dos servizos públicos fai que moitos habitantes consideren a posibilidade de fixar a súa residencia noutras localidades próximas, sen este gran problema de superpoboación.

Economía editar

Nos seus campos, regados con auga do Turia a través da Quenlla de Mislata e a Quenlla de Favara, producíanse unha gran variedade de hortalizas destinadas ao consumo diario, tales como patacas, chícharos, tomates etc. que eran absorbidas polos mercados próximos. Hoxe en día a actividade agrícola é residual debido ao gran crecemento demográfico que privou a esta localidade da práctica totalidade dos seus campos de cultivo.

O sector terciario é o que predomina na actividade económica, fundamentalmente comercios e servizos destinados a unha gran poboación que maioritariamente traballa fóra do municipio, na capital ou no cinto industrial de Valencia.

 
Papeleira Payá.

O sector secundario desapareceu practicamente do pobo, xa que trasladáronse as industrias cara ao polígono industrial situado nos arredores do cemiterio, aínda que cabe destacar a presenza da importante papeleira da S.A. Payá Miralles no C/ Sant Antoni, pertencente ao grupo catalán Miquel e Costas & Miquel S.A. A súa actividade principal é a produción de papel de fumar, cuxa presenza dentro do casco urbano da cidade foi denunciada repetidamente por numerosas organizacións sociais e políticas da localidade, aínda que a fábrica continúa a súa actividade normal e na actualidade está remodelando as súas instalacións.

A construción, sector de grande actividade económica nas últimas décadas, perdeu o vigor dado o esgotamento do termo municipal. Quedan pendentes de construír só o PAI do Quint (sobre as últimas hortas desa partida) e as proxectadas torres de 25 plantas na marxinal do Plan Sur.

Notas editar

  1. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.
  2. Madoz, Pascual (1848). "MISLATA". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) XI. Madrid. p. 441. 
  3. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística . Poboación por sexo, municipios e nacionalidades (principais nacionalidades). Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar