Misión BepiColombo

A misión BepiColombo é unha misión de observación e exploración do planeta Mercurio levada a cabo en colaboración entre as axencias espaciais europeas (ESA) e xaponesa (JAXA).[1].

Traxectoria animada da misión.
Traxectoria animada da misión.

Características editar

Foi lanzada cun Ariane 5 dende a base da ESA en Kourou, representando unha carga de lanzamento de 4100 kg.

A misión componse de dúas naves, Mercury Planetary Orbiter (MPO), liderado pola ESA, e o Mercury Magnetospheric Orbiter (MMO), liderado por JAXA, transportadas ata destino polo Mercury Transfer Module (MTM), construído pola ESA:[2]

  • Mercury Planetary Orbiter acubilla 11 experimentos cos seus correspondentes instrumentos nunha nave estabilizada nos tres eixos e tendo como referencia ó Nadir.
  • Mercury Magnetospheric Orbiter transporta unha carga de cinco instrumentos nunha nave xiratoria.

Lanzada en outubro de 2018, aproveita o tirón gravitacional para chegar a destino, orbitar Mercurio en decembro de 2025, despois de sobrevoar por nove veces diversos planetas:

  • Un sobrevoo á Terra en abril de 2020; aproximación a 12 700 km de altura ás 06:24:58 hora oficial en España (CEST), atravesando o ceo de leste a oeste cunha magnitude de 8.[2] Supón unha ralentización de case 5 km/s na súa velocidade.
  • Dous a Venus en 2020 e 2021;
  • Mercurio, seis veces entre 2021 e 2025. A primeira aproximación a Mercurio, a tan só 199 km, produciuse o 1 de outubro de 2021.[3]

Correccións suplementarias son efectuadas polo sistema de propulsión iónico de MTM.

Na viaxe a destino segue unha órbita de transferencia heliocéntrica, e en Mercurio as dúas naves seguirán órbitas diferentes:

  • MPO: órbita polar de 400 × 1508 km, cun período de 2,3 h
  • MMO: órbita polar de 400 × 11 824 km, cun período de 9,3 h

A duración prevista da misión arredor de Mercurio é dun ano.

Notas editar

  1. "BepiColombo operations". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-01. 
  2. 2,0 2,1 "Observa a BepiColombo durante su sobrevuelo de despedida". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-04-03. 
  3. "Meeting Mercury". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-10-05.