Misael Pastrana Borrero

avogado e político colombiano

Misael Eduardo Pastrana Borrero, nado en Neiva o 14 de novembro de 1923, e finado en Bogotá o 21 de agosto de 1997, foi un avogado e político colombiano. Ocupou diversos cargos políticos, entre eles o de presidente da República para o período de 1970 a 1974 polo Partido Conservador. Foi o derradeiro mandatario elixido dentro do acordo da Fronte Nacional.

Misael Pastrana Borrero
Nacemento14 de novembro de 1923
Lugar de nacementoNeiva
Falecemento21 de agosto de 1997
Lugar de falecementoBogotá
NacionalidadeColombia
Alma máterPontificia Universidade Xaveriana e St. Bartholomew Major College
Ocupacióndiplomático, profesor universitario, avogado e político
CónxuxeMaría Cristina Arango Vega
FillosAndrés Pastrana e Juan Carlos Pastrana
IrmánsHernando Pastrana
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica
Na rede
Find a Grave: 4617 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Misael Pastrana foi bacharel do Colexio Maior de San Bartolomé de Bogotá. En 1938, pouco antes de rematar os seus estudos en devandita institución, sufriu feridas de gravidade durante o accidente aéreo de Santa Ana. Estudou Dereito e Economía na Pontificia Universidade Javeriana dos Xesuítas en Bogotá. Graduouse o 19 de xullo de 1945 cunha tese laureada cuxo tema foi El fraude Pauliano y Simulación.

O 25 de febreiro de 1951, contraeu matrimonio con María Cristina Arango Vega, filla do dirixente e excandidato liberal á Presidencia en 1946, Carlos Arango Vélez, con quen tivo catro fillos: Juan Carlos, Andrés, Jaime e Cristina.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Pastrana, Misael, 19 de abril de 1970: El día en que Colombia le dio el adiós definitivo a las dictaduras militares y populistas, 1975.
  • Senado de la República de Colombia El pensamiento de Misael Pastrana Borrero senado de la República de Colombia 1987 Imprenta Nacional.