Miriam Beizana Vigo

escritora galega

Miriam Beizana Vigo, nada na Coruña o 20 de agosto de 1990, é unha escritora e galega en lingua castelá e crítica literaria.[1]

Infotaula de personaMiriam Beizana Vigo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoDrama Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webmiriambeizana.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: miriambeizana Twitter: marafarinha Instagram: marafarinha Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballa na administración orientada ao sector industrial, aínda que leva escribindo desde moi nova. A súa primeira novela, Marafariña, en parte autobiográfica, conta a historia de amor entre Ruth, unha nova Testemuña de Xehová e Olga, unha moza catalá que chega á aldea na que reside a primeira; esta novela ten unha secuela, Inflorescencia, publicada 3 anos máis tarde.[2][3][4] Todas las horas mueren é unha novela curta que, na ficción, foi escrita por Olga a partir dunhas páxinas que comezou a súa nai. Finalmente, escribiu un ensaio sobre o cantante de pop Tino Casal.[5][6][7]

Aínda que na súa obra sempre dá protagonismo ás mulleres (xeralmente lesbianas), rexeita a etiqueta de novelas lésbicas dado que non son exclusivas de persoas LGTBI. En palabras da autora:

Coido que ninguna autora ou autor escribe novela LGBT propiamente dicha. Escriben novela romántica, novela fantástica, novela intimista, novela de ciencia ficción en cuxa trama reflíctese algún personaxe homosexual. No sei en que clase de mundo seguimos vivindo que fai que este tipo de libros deban ter un distintivo, como se só puideran enfocarse a un público xeral. Que rabia. Como se fose un problema, unha barrera, un distintivo. Que chirriante. Porque eu leo máis cantidade de novela heterosexual que de novela lésbica, pero seica o mundo heterosexual non pode asumir ler novela lésbica.

Entre as súas influencias están Fannie Flagg, Virginia Woolf, Carmen Laforet, Rosa Montero e Ana María Matute.

Colabora realizando críticas literarias na web A Librería[8], e realiza artigos no portal de difusión e visibilidade LGTB Hay una lesbiana en mi sopa.[9] Tamén publicou varios relatos, tanto de forma particular como formando parte de antoloxías, como Asalto a Oz [10][11] ou Misteria I (esta última tras quedar finalista no premio do mesmo nome).[12]

En 2019 publicou xunto a Maite Mosconi a súa primeira obra infantil (e a primeira en lingua galega), Guerreiras de lenda, que inclúe contos e poemas (baseados en lendas reais) e diversas actividades interactivas.

En 2020 publicouse a súa cuarta novela, La herida de la literatura, a primeira co apoio dunha editorial.[13] En 2024 publicou de novo en galego (con Xerais) a súa obra A soidade das nenas.[14] Nunha entrevista, anunciou que vai tratar de novo o fanatismo relixioso nunha futura novela.[15]

Premios e recoñecementos editar

  • 2º Premio no XI Certame de Contos Interculturais (polo relato El Tren)[16]

Obras editar

Novelas editar

Relatos editar

  • El tren. Lektu. 2018. 

Ensaio editar

Libros colectivos editar

Notas editar

  1. "Sobre mí". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  2. "Miriam Beizana presentó «Marafariña»" (digital). La Voz de Galicia. 20 de novembro de 2015. 
  3. Presentación de Marafariña en la Biblioteca de Carballo (Youtube). 
  4. "[Reseña] 'Inflorescencia' (Marafariña libro segundo) de Miriam Beizana Vigo". Café de tinta. Xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal (digital) o 18 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  5. "Tino Casal se asoma a LibrOviedo para contar 'tal como fue'" (digital). El Comercio. 9 de maio de 2016. 
  6. "Un Libroviedo de récords" (digital). 
  7. Tino Casal. Tal como fue. Presentación del libro en la Sala Transcorrales (Youtube). 
  8. "Críticas de Miriam Beizana". Arquivado dende o orixinal (digital) o 18 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  9. "Artículos de Miriam Beizana". Arquivado dende o orixinal (digital) o 18 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  10. Maldonado, Lorena G. (12 de diciembre de 2019). "Los 'anormales' sois vosotros: cuentos de "maricas, trans y bolleras" que pedir a los Reyes" (digital). El Español. Consultado o 20 de setembro de 2020. 
  11. Elidrissi, Fátima (10 de decembro de 2019). "‘Asalto a Oz’, un espacio queer para encontrarse". The Objective. Arquivado dende o orixinal (dixital) o 27 de setembro de 2020. Consultado o 20 de setembro de 2020. 
  12. Pita Dopico, Marta (15 de outubro de 2018). "Fallo del I Premio Misteria" (dixital). LES Editorial (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2020. 
  13. Beizana Vigo, Miriam. "La herida de la literatura" (digital). MBV (en castelán). Consultado o 15 de septembro de 2020. 
  14. Xesteira, Tensi (12 de abril de 2024). "Nomear a soidade". Nós Diario. Consultado o 16 de abril de 2024. 
  15. Proxecto Neo 414.13 (Proxecto Neo). iVoox. 4 de abril de 2024. Escena en 28:15. Consultado o 18 de abril de 2024. Estou escribindo desde hai tempo unha historia sobre este tema máis modernizada e analizada [...] apetéceme contar unha historia que teña ese trasfondo. 
  16. "‘La memoria de los lápices’ gana el XI Certamen de Cuentos Interculturales". MelillaMedia. Arquivado dende o orixinal (digital) o 18 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018. el segundo premio, dotado con 600 euros, ha recaído sobre la coruñesa Miriam Berizana con su obra ‘El tren’