Mircea Eliade, nado en Bucarest o 9 de marzo de 1907 e finado en Chicago o o 22 de abril de 1986, foi un pensador e etnógrafo romanés, considerado como un dos maiores especialistas no campo da fenomenoloxía e da socioloxía relixiosa e no da historia das relixións. Así mesmo foi un literato en lingua romanesa, na que publicou novelas e relatos.

Infotaula de personaMircea Eliade

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de marzo de 1907 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Bucarest, Romanía Editar o valor em Wikidata
Morte22 de abril de 1986 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaOak Woods Cemetery (en) Traducir 41°46′20″N 87°35′57″O / 41.772267, -87.599219 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1966–)
República Socialista de Romanía
Reino de Romanía Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa Ortodoxa Romanesa Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Calcuta
Universidade de Bucarest Editar o valor em Wikidata
Director de teseSurendranath Dasgupta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencias da relixión Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónantropólogo , crítico literario , profesor universitario , pedagogo , biógrafo , autor de diarios , mitógrafo , escritor , científico da relixión , dramaturgo , filósofo , historiador da relixión , diplomático , ensaísta , historiador , novelista , xornalista , etnógrafo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago
Universidade de Bucarest Editar o valor em Wikidata
Partido políticoGarda de Ferro Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enCosmogonía, Xamanismo e ioga Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa, lingua inglesa, lingua romanesa, lingua alemá, lingua italiana, lingua persa, lingua hebrea, Lingua sánscrita, lingua bangla e Lingua pali Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoBruce Lincoln (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0253431 Allocine: 135791 Allmovie: p309215
Dialnet: 146732 Musicbrainz: d4312fd1-1562-4aef-952e-4a2d6144b09f Discogs: 832748 WikiTree: Eliade-1 Editar o valor em Wikidata
Estatua de Mircea Eliade.

Traxectoria editar

Eliade naceu no seo dunha familia cristiá ortodoxa. Seu pai era militar. Fixo os seus estudos na súa cidade natal, onde se licenciou en Filosofía. En 1928 marchou para a India, onde se dedicou a estudar o sánscrito e a filosofía india na universidade de Calcuta até 1931. Fixo a continuación estadías na rexión do Himalaia, para recoller materiais para a súa tese de doutoramento: “Yoga: essai sur les origines de la mystique indienne”, que foi publicada en 1933.

Regresou a Romanía en 1933, encargándose de ensinar Historia das Relixións na Universidade de Bucarest. Cinco anos despois fundou a revista Zalmoxis, editada en París e dedicada ao estudo das relixións. En 1940 foi enviado a Londres como agregado cultural da embaixada do seu país, e no ano seguinte ocupou o mesmo cargo na embaixada de Lisboa, onde estabeleceu relacións con intelectuais lusos. A partir de 1945 estabeleceuse en París, ao negarse a regresar a unha Romanía comunista, e nesa cidade ditou cursos referidos á súa especialidade na Sorbona. Nos anos seguintes, Mircea Eliade desprazouse a varias cidades europeas e estadounidenses, nas que ditou conferencias sempre sobre aspectos relacionados co mundo relixioso. Desde 1957, Eliade pasou a ensinar na Universidade de Chicago, cidade na que faleceu.

Posición política editar

Eliade mantivo nos anos 1930 opinións antisemitas e actuacións deste signo mantidas pola Garda de Ferro, un partido profascista romanés. Nos anos 1940 foi defensor de réximes autoritarios, como o portugués de Salazar. Aínda que non tivo unha actuación militante, en todo caso pódese afirmar que Eliade non condenou nunca con rotundidade as ideoloxías de tipo fascista ou autoritarias. Isto é visto como un borrancho vital, que desdí dunha obra que se caracteriza en grande medida polo seu intenso humanismo.

Obras editar

Como resultado das súas investigacións, Eliade publicou, en idiomas diversos (dominaba á perfección oito), unha numerosa cantidade de libros e artigos referidos a diversos aspectos do mundo relixioso. Ás veces sucesivas edicións comportan novidades e revisións. A maioría deles teñen sido traducidos aos principais idiomas occidentais.

Ensaios (Selección) editar

  • Alchimia asiatica. Bucarest. 1935.
  • Yoga: essai sur les origines de la mystique indienne. Bucarest – París, 1933.
  • Cosmologia si alchimia babiloniana. Bucarest. 1937.
  • Mitul Reintegrarii. Bucarest. 1942.
  • Os Romenos, Latinos do Oriente. Lisboa. 1942.
  • Comentarii la legenda Mesterului Manole. Bucarest. 1943.
  • Techniques du Yoga. París. 1948.
  • Traité d’Histoire des Religions. París. 1949.
  • Le Mythe de l’Éternel Retour. París. 1949.
  • Le Chamanisme et les techniques archaïques de l’extase. París. 1951.
  • Images et Symboles. Essai sur le symbolisme magico-religieux. París. 1952.
  • Le Yoga. Immortalité et liberté. París. 1954.
  • Forgerons et alchimistes. París. 1956.
  • Mythes, rêves et mystères. París. 1957.
  • Das Heilige und das Profane. Vom Wesen des Religiösen. Hamburgo. 1957
  • Méphistophélès et l'Androgyne. París. 1957.
  • Initiation, rites, sociétés secrètes. París. 1959.
  • Patanjali et le yoga. París, 1962.
  • The Two and the One. Chicago.1965.
  • Le mythe de l’éternel retour. Archétypes et répétition. París. 1969.
  • De Zalmoxis a Gengis-Khan. Etudes comparatives sur les religions et le folklore de la Dacie et de l'Europe Orientale. París. 1970.
  • Religions australiennes. París. 1972.
  • L’épreuve du labyrinthe. Entretiens avec Claude-Henri Rocquet. Belfond. 1972.
  • Occultism, Witchcraft, and Cultural Fashions. Essays in Comparative Religions. Chicago. 1976.
  • Histoire des croyances et des idées religieuses. T.1 : De l'âge de la pierre aux mystères d'Eleusis. París, 1976.
  • Histoire des croyances et des idées religieuses. Tome 2 : De Gautama Bouddha au triomphe du christianisme. París, 1978.
  • What is religion? Edimburgo. 1980.
  • Histoire des croyances et des idées religieuses. Tome 3 : De Mahomet à l'âge des réformes. París, 1989.

Memorias editar

  • Fragments d’un journal (1945-1969). París. 1973.
  • Mémoires I (1907-1937). París. 1980.
  • Fragments d'un journal, II (1970-1978). París. 1981.
  • Autobiography. San Francisco. 1981.

Artigos (Selección) editar

  • Cosmical homology and yoga, in Journal of the Indian Society of Oriental Art, 1937.
  • Metallurgy, Magic and Alchemy, in Zalmoxis, I, 1938
  • Pour une histoire générale des religions indoeuropéennes, in Annales, IV, 1949.
  • Phénoménologie de la religion et sociologie religieuse, in Chritique, 39, 1949.
  • Les Mythes du Monde moderne, in La Nouvelle NRF, 9, 1953.
  • La Terre-Mer et les hiérogamies cosmiques, in Eranos-Jahrbuch, XXII, 1954.
  • Le Mythe du Bon Sauvage, in La Nouvelle NRF, 32, 1955.
  • Smiths, Shamans and Mystagogues, in East and West, VI, Roma, 1955.

Narración (Selección) editar

  • Isabel si apele diavolului. Bucarest. 1930.
  • Maitreyi (A noite bengalí). Bucarest. 1933.
  • Intoarcerea din Rai (Retorno do Paraíso) . Bucarest. 1934.
  • Lumina ce se stinge (A luz que se apaga). Bucarest. 1934.
  • Huliganii. Bucarest. 1935.
  • Domnisoara Christina (A señorita Cristina). Bucarest. 1936.
  • Sarpele. Bucarest. 1937.
  • Nunta in Cer (Voda no ceo). Bucarest. 1938.
  • Pe strada Mantuleasa. París. 1968.
  • In curte la Dionis (Na corte de Dionisio). París. 1977.
  • Les dix-neuf Roses. París, 1982 (tradución francesa).