Minju Kim nada en Gwangju en 1985/1986[1] é unha deseñadora de moda surcoreana coñecida pola súa roupa feminina e o uso de estampados. En 2020 foi a gañadora da primeira tempada do programa de Netflix Next In Fashion.

Minju Kim
Lugar de nacementoGwangju
NacionalidadeCorea do Sur
Alma máterAcademia Real de Belas-Artes da Antuérpia
Ocupacióndeseñador de moda
Na rede
https://www.minjukim.co/
Instagram: _minjukim_ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Kim naceu en Gwangju, Corea do Sur, e estudou en Nova Zelandia sendo adolescente. Orixinalmente quixo asistir a unha escola de arte e converterse en debuxante, mais foi animada polos seus pais a que estudase deseño de moda en Seúl.[2] Estudou deseño de moda no Instituto Samsung de Arte e Deseño, e despois fixo un mestrado na Real Academia de Belas Artes de Antuerpen.[3][4] Kim acredita a influencia de deseñadores e intrutores de RAFA como Walter Van Beirendonck no seu amor polo deseño de moda.[2] No ano 2015 lanzou a súa propia compañía, con sede en Seúl, chamada MINJUKIM.[5] É coñecida por comezar os seus desfiles de moda cun deseño que presenta unha impresión central que se replica no resto da colección.[6] A súa colección de outono de 2018 estivo baseada na serie manga Galaxy Express 999.[6] Ademais de lanzar coleccións cada ano, Kim deseñou para BTS e Red Velvet.[2] Tamén ensina clases de deseño na Universidade Kookmin.[2]

En 2020, Kim foi a gañadora do programa de televisión de Netflix Next In Fashion, un programa de competición en deseño de moda onde foi a finalista xunto co británico Daniel Fletcher. Competiu xunto coa deseñadora chinesa Angel Chen, durante as fases de traballo en equipo, baixo o nome 'Dragon Princess'.[7] Como gañadora, Kim recibiu 250 000 estadounidenses de Net-a-Porter para lanzar unha colección de venda na súa páxina web.[8] Kim foi a gañadora anteriormente do H&M Design Award de 2013 e quedou na lista curta de premio LVMH para deseñadores de moda mozos de 2014.[9]

Notas editar

  1. Tee, Karen (4 de marzo de 2020). ChannelNewsAsia, ed. "Is Korean designer Minju Kim the next big thing in fashion? We say yes". Consultado o 28 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Park, Ji-won (16 de febreiro de 2020). koreatimes, ed. "Netflix's fashion competition winner talks her brand, ultimate goal" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  3. Kozma, Leila (2020). Distractify, ed. "'Next in Fashion' Star Minju Kim Designed Clothes for K-Pop Sensation BTS in the Past" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  4. Cremona, Patrick (29 de xaneiro de 2020). Radio Times, ed. "Next in Fashion: meet the designers" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  5. Kwong, Debby (12 de outubro de 2018). "Introducing Minju Kim, the South Korean designer everyone's been talking about in Singapore". BURO. (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 Kim, Monica (26 de marzo de 2018). Vogue, ed. "Minju Kim Seoul Fall 2018 Fashion Show" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  7. Seward, Mahoro (6 de febreiro de 2020). i-D, ed. "Next in Fashion's Minju Kim is the relatable hero we all need" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  8. Williams, Helen (15 de febreiro de 2020). Reality Titbit, ed. "Minju Kim for H and M: How to buy clothes from the Next in Fashion designer's line". Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  9. Spencer, Samuel (3 de febreiro de 2020). Newsweek, ed. "How to buy the 'Next in Fashion' winner's collection" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2020.