Mini e Mero

dúo musical galego

Mini e Mero foi un dúo de cantautores chairegos, formado por Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), músicos, poetas, mestres e investigadores do folclore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla. Actuaron xuntos durante 46 anos, ata confirmaren a súa separación en novembro de 2018.[1]

Mini e Mero encol do escenario (2008).

Traxectoria editar

Ademais da súa produción discográfica cos devanditos grupos, participaron por separado ou conxuntamente noutros discos de música galega, como o Quiquiriqui producido no ano 2006 pola Asociación de Gaiteiros Galegos e en obras teatrais como Pan, catro propostas arredor da malla (creación e adaptación musical súa) e publicado diversos libros.

É salientable o seu labor de recompilación de contos, lendas, refráns, ditos ou poemas, principalmente na súa Terra Chá natal e nas zonas onde exerceron o seu traballo de mestres: Mesía (Mero) e Boimorto (Mini).

O arquivo sonoro froito deste labor, e composto por milleiros de cintas magnetofónicas, foi cedido ao Museo do Pobo Galego para a súa dixitalización e incorporación ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, que ha estar dispoñible no web do museo. No campo educativo son autores de diversos libros de texto de ciencias sociais, naturais e lingua galega para o ensino infantil e primario.

En abril de 2009 foilles concedido por unanimidade o Pedrón de Ouro como recoñecemento á súa traxectoria de corenta anos de investigación musical, galardón que recibiron o 24 de maio de 2009.

En setembro de 2011 concedéselles o X Premio Ramón Piñeiro López - Facer País organizado pola asociación cultural Val de Láncara.

Un ano antes da súa separación, feita pública a finais do ano 2018, recibiran unha homenaxe en Vilalba[2].

Obras editar

 
Mini e Mero actuando na concentración do 29N en Santiago de Compostela.

Os seus libros conxuntos inclúen, entroutros:

  • Contos de vellos para nenos (1995)
  • Somos lenda viva (1996)

A súa discografía conxunta inclúe:

  • Nadal en Galego (1999)
  • Coplas cantos e Romances de cego

Recoñecementos editar

Véxase tamén editar

  1. Jaureguizar (28/11/2018). "Mero: "Separámonos Mini e eu tras 56 anos de amizade"". Consultado o 28/11/2018. 
  2. Suso pena (18/11/2017). "Homenaxe a Mini e Mero en Vilalba". Consultado o 28/11/2918.