A mineraloxía é a ciencia que estuda os minerais e as súas propiedades físicas e químicas. Por mineral entendemos unha materia de orixe inorgánica, que presenta unha composición homoxénea e que acostuma presentarse en estado sólido e cristalino á temperatura media da terra. Así e todo, hai minerais, como a auga e o mercurio, en estado líquido. En contraste, a petroloxía estuda as pedras e as rochas, que teñen composición química tamén inorgánica pero heteroxénea.

Detalle da colección de rochas de Galicia, de Guillermo Schulz (1832-1834), conservada no Museo Xeomineiro (do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, en Madrid).

Un mineral defínese pola súa composición e pola súa cristalografía. Por exemplo, se o carbono cristaliza no sistema cúbico recibe o nome de diamante; en cambio, se cristaliza no sistema hexagonal, coñécese como grafito. Só pola súa aparencia xa se recoñece que son dous minerais diferentes, pero en realidade teñen mesma composición química.

  • Cristalografía.
  • Mineraloxía física.
  • Mineraloxía química.
  • Mineraloxía descritiva.
  • Mineraloxía determinativa.
  • Mineraloxía óptica.

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.