Milne Land ou Milneland é unha grande illa de 3.913 km², no fiorde de Scoresby Sund no leste de Groenlandia. É a terceira illa máis grande de Groenlandia, logo da illa principal de Groenlandia e da illa de Disko. O seu nome (Terra de Milne) débese ao almirante británico David Milne. A máxima elevación da illa é de 2.200 m.

Milne Land
Milne Land vista desde o espazo
Situación
PaísDinamarca Dinamarca
TerritorioGroenlandia Groenlandia
MarMar de Groenlandia
Coordenadas70°42′N 26°22′O / 70.700, -26.367Coordenadas: 70°42′N 26°22′O / 70.700, -26.367
Xeografía
Superficie3.912´9 km²
Longura máxima113 km.
Largura máxima45 km.
Punto máis alto2.200 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Esta illa é popular entre os alpinistas.[1]

Xeografía editar

A illa ten 113 km. de lonxitude desde o punto de Moraene no suroeste ata o punto de Bregne no nordés e ata 45 km de ancho, e 3.913 km² de superficie. É parte dun arquipélago que inclúe Storo e Illa Sorte no Noroeste, Illa Denmark no sur, e as Illas Bjorne no nordés. Cape Leslie é a punta sueste de Milneland.[2]

A illa está separada: da península de Renland, no norte, por øfjord (6 a 10 km de ancho), da península de Gåseland, no sur, por Fønfjord (4 a 6 km de ancho), e da costa continental, no oeste, por Rødefjord (4 a 14 km de ancho), da gran península no leste, Terra de Jameson atópase a máis de 40 km a través do Scoresby Sund.

 
Mapa do NE de Groenlandia e Islandia.
 
Un espellismo superior de xeo mariño e terra preto de Milne Land.

Notas editar

  1. Eventyr, Milne Land, Pt. 1,295m, North Pillar
  2. "Milne Land". Mapcarta. Consultado o 27 de abril de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar