Millonario é unha persoa que ten unha fortuna neta de máis de 1 000 000 de euros, dólares, libras ou outra unidade monetaria de valor comparable.

As revistas Forbes e Fortune manteñen listas de persoas segundo a súa fortuna, segundo a lista de Forbes do 2006 hai 793 persoas con máis de mil millóns de dólares e 8 300 000 persoas tiñan máis dun millón de dólares en 2004.