Millenium

monumento na Coruña

Coordenadas: 43°22′37″N 8°25′22″O / 43.37697, -8.42282

O Millenium é un monumento con forma de obelisco situado no Paseo Marítimo da Coruña. Ergueuse para conmemorar o inicio do século XXI e ten como referentes a Torre de Hércules e o Obelisco dos Cantóns. Ten 46 metros de altura e está feito en aceiro (2 toneladas) e 147 cristais de rocha traídos desde os Países Baixos.

Millenium
Millenium
Presentación
LocalizaciónA Coruña
TipoEscultura
Construción
Data da construción2001
Equipo
EscultorGerardo Porto

O deseño dos cristais é do artista Gerardo Porto.[1][2] Nos 13 primeiros metros cóntase a historia dos principais acontecementos e personaxes da Coruña, tallados nos cristais. Estes teñen 3 mm de espesor, foron tratados a 800 °C e pesan 3 toneladas.

De noite ilumínase mediante 142 focos de luz (53.100 vatios). O 1 de xaneiro de 2001 acendeuse por primeira vez en 12 tramos.

O proxecto inicial incluía baixo a súa base un miradoiro que tamén faría de cafetería que non chegou a abrir.[3]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Pousa, Luis (30 de decembro de 2000). "A Coruña estrena el obelisco Millennium, un monolito de cristal de 50 metros". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 3 de xaneiro de 2016. 
  2. Pereiro, Xosé Manuel (3 de xaneiro de 2011). "Milenium, una década de olvido". El País (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2016. 
  3. Eiroa, E. (17 de abril de 2014). "El Millenium lleva 3 años sin luz". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén editar