Mikhail Mikhailovich Bakhtin (en ruso: Михаи́л Миха́йлович Бахти́н), nado en Orel o 17 de novembro de 1895 e finado en Moscova o 7 de marzo de 1975, foi un pensador, filósofo, crítico literario e semiólogo ruso que tivo unha influencia significativa[1] no pensamento occidental en teoría literaria, ética, filosofía da linguaxe e como teórico da cultura e arte europea.

Infotaula de personaMikhail Bakhtin

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Михаил Бахти́н Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1895 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Oriol, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 1975 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Vvedenskoye (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaRusia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Ruso
República Socialista Soviética Federativa de Rusia
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , historiador da literatura , especialista en literatura , crítico literario , lingüista , escritor , teórico da arte Editar o valor em Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporánea Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMordovia State University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoFilosofía occidental Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAleksander Thomson Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Dialnet: 156747

Traxectoria editar

Bakhtin medrou en Vilnius e Odesa, estudou filoloxía e literatura clásica na Universidade de San Petersburgo. Xa en 1918 Bakhtin comezou a formar a súa propia escola de pensamento, nesa data formáronse o que se deu en coñecer como o círculo Bakhtin[2], e que eran xuntanzas de intelectuais que compartían gran variedade de intereses como a filosofía alemá, a física contemporánea, e cuestións significativas na vida social e máis especificamente na creación artística, poñendo en valor o xeito que a linguaxe rexistraba os conflitos entre os grupos sociais. Os seus escritos inspiraron especialistas que traballaron en diferentes campos (marxismo, semiótica, estruturalismo, crítica relixiosa) e máis en disciplinas tan diversas como crítica literaria, historia, filosofía, antropoloxía e psicoloxía. Malia que Bakhtin participou nos debates sobre estética e literatura que tiveron lugar na Unión Soviética da década de 1920, a súa posición non se coñecería ben ata que o redescubriron os eruditos rusos da década de 1960, xa que debido á purgas de Stalin arrestárono en 1929 pasando os seis anos seguintes desterrado en Kustanai (Casaquistán). Durante o ano 1929 e mentres permanecía detido nun hospital editouse o primeiro libro que publicaba co seu nome, ПРОБЛЕМЫ ТВОРЧЕСТВА ДОСТОЕВСКОГО ("Problemas na arte de Dostoievski") e foi precisamente a súa reedición en 1963 a que marcaría o seu redescubrimento.

Notas editar