Mikel Azurmendi
Mikel Azurmendi Inchausti, nado en Donostia o 11 de decembro de 1942 e finado na mesma cidade o 6 de agosto de 2021,[1][2] foi un antropólogo, escritor, tradutor e profesor universitario vasco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de decembro de 1942 Donostia, España |
Morte | 6 de agosto de 2021 (78 anos) Donostia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Sorbona Universidade do País Vasco |
Actividade | |
Ocupación | antropólogo , profesor universitario , profesor de ensino secundario , tradutor , escritor , filósofo |
Empregador | Universidade do País Vasco |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá, lingua éuscara, lingua alemá, lingua inglesa, lingua latina, lingua grega e lingua italiana |
Participou en | |
9 de abril de 2003 | Democracia sen rabia |
Premios | |
Biografía editar
Naceu en San Sebastián en 1942. Foi militante de ETA durante os anos 60, abandonando a organización tras ser derrotada a súa alternativa de deixar a violencia e transformarse nun partido obreiro. Licenciado en Filosofía pola Universidade da Sorbona de París, foi profesor desta Universidade durante os anos de seu exilio. Tralo seu regreso a España postulouse en contra da Constitución e o Estatuto de Autonomía do País Vasco por considerar “que había forza para esixir máis”. Tamén é doutor en Filosofía pola Universidade do País Vasco.
Co segundo goberno de Aznar foi presidente do Foro Social para a Integración dos inmigrantes; como tamén traballou no Instituto Cervantes da cidade marroquí de Tánxer.
Foi o primeiro portavoz do Foro de Ermua e fundador de ¡Basta Ya!. Estivo ameazado de morte por ETA e tras dous intentos de atentado abandonou temporalmente a súa praza de profesor de antropoloxía na Universidade do País Vasco, emigrando a Estados Unidos. No 2002 foi un dos 42 profesores da UPV que asinaron un manifesto denunciando que nesta universidade actuaba unha «rede mafiosa que apoia, xustifica e explota o terrorismo no seu propio beneficio, sen que a súa colaboración con ETA fose perseguida como se debera».[3]
Foi Premio Hellman/Hammet no 2000, nomeado por Human Rights Watch, e tamén IV Premio á Convivencia no 2001, pola Fundación Miguel Ángel Blanco.
Obra editar
- Todos somos nosotros (Taurus Pensamiento, 2002)
- Estampas de El Ejido (Taurus Pensamiento, 2001)
- Y se limpie aquella tierra (Taurus Pensamiento, 2001)
- La herida patriótica (Taurus Pensamiento, 2000)
- Nombrar, embrujar (Alberdania, 1993)
Artigos de revistas editar
- La España inmigrada
- Savater te lleva de viaje
- Diez tesis sobre el multicultaralismo
- Los derechos y la integración social de los inmigrantes en Europa
- Cultura, desarrollo, inmigración: Notas para un debate sobre las relaciones con el Magreb
- Repercusiones de la inmigración en España
- Inmigración e identidad ciudadana
- Migraciones, cultura democrática y multiculturalismo
- Qué fue a hacer estampas en El Ejido
- Inmigración y conflicto en El Ejido
- De la totalidad del totalitarismo, ¿hay razones para calificar hoy de fascista al nacionalismo vasco?
- La resacralización del nacionalismo vasco
- Pío Baroja, literatura y construcción de sí mismo como paisaje moral
- Vasco que, para serlo, necesita enemigo
- Vive memor! no olvides
- Etnicidad y violencia en el suelo vasco
- Homo Homini lupus: la guerra en la literatura antropológica
Colaboracións en obras colectivas editar
- Diferencia y derecho a la diferencia: la igualdad como solidaridad
- Migraciones y cultura democrática
- Unas Propuestas de Integración Social de los Inmigrantes
- La brujería como aquelarre
- Etnicidad y violencia en el suelo vasco
- Mito y realidad en la novela contemporánea
Traducións editar
Notas editar
- ↑ "Twitter". Twitter (en castelán). Consultado o 2021-08-07.
- ↑ "Mikel Azurmendi idazle eta antropologoa hil da". Berria (en éuscaro). Consultado o 2021-08-07.
- ↑ Profesores vascos denuncian que a mafia que apoia a ETA actúa impunemente, El Mundo, 28 de febreiro de 2002.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Entrevista a Mikel Azurmendi
- Obra de Mikel Azurmendi
- Del multiculturalismo como "gangrena" de la sociedad democrática, recensión de Miguel Ángel Quintana Paz sobre o libro de Mikel Azurmendi Todos somos nosotros.