Mikal Bridges

baloncestista estadounidense

Mikal Bridges, nado o 30 de agosto de 1996 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA). Con 1,98 metros de estatura xoga na posición de ala.

Mikal Bridges
Brooklyn Nets – No. 1
Posición Ala
Información persoal
Nacemento 30 de agosto de 1996 (27 anos)
Filadelfia, Pensilvania
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 95 kg (209 lb)
Información da carreira
Instituto Great Valley
(Malvern, Pennsylvania)
Universidade Villanova (2015–2018)
NBA Draft 2018 / Rolda: 1 / Elección: 10
Por Philadelphia 76ers
Carreira dende 2018
Historial de equipos
Phoenix Suns (2018–2023)
Brooklyn Nets (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

O 21 de xuño de 2018, Bridges foi seleccionado polos Philadelphia 76ers na 10ª posición do Draft da NBA de 2018, pero pouco despois foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio de Zhaire Smith e unha futura elección da primeira rolda do Draft.[1] O 6 de xullo de 2018, Bridges asinou cos Suns.[2] Debutou na NBA o 17 de outubro de 2018 na vitoria dos Suns por 121–100 contra os Dallas Mavericks.[3]

O 9 de febreiro de 2023, os Suns traspasaron a Bridges ós Brooklyn Nets xunto a Cameron Johnson, Jae Crowder e catro eleccións da primeira rolda do Draft, a cambio de Kevin Durant e T. J. Warren.[4]

Notas editar

  1. "Suns Add Ayton, Bridges, Okobo, King In 2018 NBA Draft". Suns.com. 21 de xuño de 2018. Consultado o 21 de xuño de 2018. 
  2. https://www.nba.com/suns/press-release/phoenix-suns-sign-ayton-bridges-okoboking
  3. "Dallas Mavericks vs. Phoenix Suns - October 17, 2018". NBA.com. Consultado o 2 de xaneiro de 2019. 
  4. "Suns Complete Trade For Kevin Durant, T.J. Warren". NBA.com. 9 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar