Mika Waltari

escritor finlandés

Mika Toimi Waltari, nado en Helsinqui o 19 de setembro de 1908 e finado na mesma cidade o 26 de agosto de 1979, foi un escritor finlandés, famoso especialmente pola súa novela Sinuhé, o exipcio.

Mika Waltari
Nome completoMika Toimi Waltari
AlcumeKristian Korppi, Leo Rainio, Leo Arne, M. Ritvala e Nauticus
Nacemento19 de setembro de 1908
 Helsinqui
Falecemento26 de agosto de 1979
 Helsinqui
Causacancro
Soterradocemiterio de Hietaniemi
NacionalidadeFinlandia
RelixiónLuterano
Alma máterUniversidade de Helsinki e Helsinki Normal Lyceum
Ocupaciónescritor, tradutor, xornalista, novelista, guionista, poeta e dramaturgo
FillosSatu Waltari
XénerosNovela histórica
PremiosPro Finlandia Medal of the Order of the Lion of Finland, Aleksis Kivi Award, Jussi Award for Best Script, doctor honoris causa of the University of Turku e Commander of the Order of the Lion of Finland
Na rede
IMDB: nm0909958 Musicbrainz: 40f16387-77b3-4e00-a8fe-a9ab6d632252 Discogs: 951626 Find a Grave: 8798384 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo dun pastor luterano, quedou orfo aos cinco anos. Comezou a estudar teoloxía na Universidade de Helsinqui, pero acabou interesándose pola literatura e a filosofía. En 1925 publicou o seu primeiro libro, unha novela de encarga, pero foi na súa estadía en París en 1927 cando escribiu a súa primeira novela por iniciativa propia, Suuri illusioni. Nesa época Waltari converteuse nun dos líderes do movemento literario inspirado no futurismo italiano e ruso, aínda que terminaría por adoptar posicións ultraconservadoras.

Durante a Guerra de Inverno e a Guerra de Continuación traballou no servizo de información do goberno. En 1945 publicou a novela histórica Sinuhé, o exipcio (Sinuhe egyptiläinen), baseada na Historia de Sinuhé exipcia, que é a súa novela máis popular e recoñecida; nela analiza a perda dos valores espirituais nun mundo materialista.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar