Miguel Fleta

cantante de ópera español


Miguel Fleta, nado en Albalate de Cinca (provincia de Huesca) o 1 de decembro de 1897 e finado na Coruña o 28 de maio de 1938, foi un tenor lírico español.

Infotaula de personaMiguel Fleta

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Miguel Burró Fleta Editar o valor em Wikidata
1 de decembro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Albalate de Cinca (España) Editar o valor em Wikidata
Morte29 de maio de 1938 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Uremia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaPanteón de Miguel Fleta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMiguel Fleta Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónConservatorio Superior de Música do Liceo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1919 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorReal Conservatorio Superior de Música de Madrid Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoZarzuela e Ópera Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosElia Fleta Mirat, Paloma Fleta Mirat, Javier Fleta Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2820635 Musicbrainz: 3c613682-b5d9-44ce-898c-387a312762b6 Discogs: 2318357 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Recibiu a súa primeira formación musical no seo familiar e, posteriormente, en Zaragoza, coa profesora Luisa Pierrick, que logo sería a súa compañeira, ademais da súa mentora e guía. Nos anos seguintes continuou a súa formación en Barcelona e máis tarde en Milán.

Debutou no Teatro Comunale Giuseppe Verdi de Trieste interpretando a "Paolo o Belo" na ópera Francesca dá Rimini de Riccardo Zandonai baixo a batuta do propio compositor, o 14 de decembro de 1919.

En 1923 fixo o mesmo papel en Metropolitan de Nova York. Durante a década dos anos 20 realizou xiras por todo o mundo, percorrendo toda Europa e gran parte de América. En 1926 participou na estrea, na Scala de Milán, da ópera Turandot, de Giacomo Puccini, que quedara sen rematar debido ó seu falecemento. Nesta ocasión, estivo dirixida polo mestre Arturo Toscanini.

A relación con Luisa Pierrick, con que tivo dous fillos, foi apagándose, ata a súa separación definitiva en 1926.

A súa estancia en América e a influencia de persoas, fixeron de Fleta, unha persoa dispendiosa en gastos. O seu declive iniciouse en 1927. Unha farinxite aguda fíxolle rescindir os seus contratos coa Ópera do Metropolitan. De regreso a España, casa en Salamanca con Carmen Mira, con quen tivo outros dous fillos.

Cando recuperou a súa voz, nunca máis foi a mesma. Con todo, retomou as xiras, e foi ao Xapón, á China e a América do Sur.

No momento da proclamación da Segunda República en España, Fleta abrazou a causa republicana e chegou a facer unha gravación do Himno de Riego. Logo, e ao parecer, por influencia do propio José Antonio Primo de Rivera, afiliouse á falange. Ao estalar a guerra civil, trasladouse á Coruña e colaborou brevemente en campañas de propaganda.

Faleceu o 28 de maio de 1938 a consecuencia dunha uremia.

A Carreira editar

Fíxose cun importante repertorio operístico. No mesmo destacan as súas interpretacións do papel de Radamés en Aida de Verdi, e o de Don José, en 'Carmen de George Bizet. Con esta derradeira ópera debutou no Teatre del Liceu de Barcelona.

A ampla discografía de Fleta quedou recollida en discos de 78 rpm. A maior parte da súa produción centrouse no mundo da ópera (La Bohème e Tosca de Giacomo Puccini, I Puritani de Vincenzo Bellini, Lohengrin de Richard Wagner, Carmen de George Bizet ou Aida de Giuseppe Verdi). Tamén, no xénero da zarzuela deixou rexistros, entre outros, de La Marina de Emilio Arrieta e Doña Francisquita de Amadeo Vives. Ademais, gravou cancións de Brahms e aires populares, como xotas, nanas ou himnos.

Para a historia da música operística en España e América Latina queda a rivalidade dos grupos de seguidores de Miguel Fleta e doutro tenor español moi famoso para a época, Hipólito Lázaro.

Véxase tamén editar