Miguel Ares Canaval

relixioso galego

Miguel Ares Canaval, nado no Canaval (Présaras, Vilasantar) en 1565, e finado en Ourense o 1 de xaneiro de 1611, foi un eclesiástico galego, bispo da diocese de Ourense dende 1595 até a súa morte.[1][2]

Infotaula de personaMiguel Ares Canaval
Biografía
Nacemento1565 Editar o valor em Wikidata
Présaras Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1611 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Ourense Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacatedral de Ourense Editar o valor em Wikidata
Bispo diocesano
19 de decembro de 1594 –
← Pedro González AcevedoSebastián Bricianos →
Bispo de Ourense
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1595–), relixioso Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónJuan de Sanclemente Torquemada Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Catedral de Ourense.

Fillo de Alfonso Ares e María González, naceu na despois chamada Casa do Bispo. Estudou en Santiago de Compostela e en Salamanca, sobresaíndo pola súa cultura, intelixencia e bondade. Foi enviado a Ávila, onde conseguiu a dignidade de Maxistral da Sagrada Escritura.

A súa sona de intelectual e bo cristián chegou ata a Corte do Rei Filipe II, quen no ano 1593 o propuxo como bispo da Real Audiencia de Charcas da cidade de La Plata, hoxe chamada Sucre, en Bolivia, posto que rexeitou.

O 30 de maio de 1595[3] tomou posesión como bispo de Ourense, co nome de Miguel Ares Canaval, xa que mudou o segundo apelido polo seu lugar de nacemento, algo habitual naquela época.

Dende Ourense visitou o Santuario de Nosa Señora da Laxe, en Armental, do que foi devoto dende neno. Interesándose sempre polo seu coidado, enviou ofrendas ó santuario segundo consta nos libros de Fábrica. Tamén fundou a carón do santuario unha escola ou seminario e conseguiu importantes doazóns para o seu mantemento. Deste xeito alfabetizáronse numerosos nenos da contorna, entre eles Alfonso Ares, veciño de Vilariño e sobriño de Miguel, que chegou a ocupar distintos cargos na arquidiocese de Santiago de Compostela. Este seminario estivo funcionando ata poucos anos despois da desamortización de Mendizábal, na que se incautaron todos os bens do santuario e os que mantiñan o seminario.[1] Faleceu o 1 de xaneiro de 1611. Está sepultado na Capela Maior da catedral ourensá.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Ares de Canabal". Concello de Vilasantar (en castelán). Consultado o 2018-05-11. 
  2. "Obispado de Ourense". www.obispadodeourense.com. Consultado o 2018-05-11. 
  3. Salgado, Rafael (2012-09-13). "Episcopologio de Ourense (07-2015 revisión)". Ourense no tempo. Consultado o 2018-05-11.