Miguel

nome masculino de varón

Miguel é un nome de varón. Provén do hebraico מיכאל (mi-ka-el), e significa ‘Quen coma Deus?’, formado por mi ‘quen’, ka ‘como’ e o elemento divino El ‘Deus’, (referíndose a Elohim, proveniente á súa vez du deus ugarítico El). O nome úsase tanto na relixión hebraica, coma na cristiá (católica, anglicana e ortodoxa.) e no islam.

O arcanxo Miguel.

É o nome do arcanxo Miguel, polo que adoita aparecer na forma Miguel Anxo. Este arcanxo é para os hebreos o primeiro dos anxos, sendo o arcanxo por excelencia por mor da súa vitoria fronte aos anxos rebeldes.

O feminino galego é Miguela ou Micaela. O apelido patronímico en Galiza deu a forma Míguez ou Migues (en Castela deu porén Miguélez). O nome no occidente galego adoita pronunciarse con gheada: Mighel.

Santoral editar

Estatísticas editar

O nome Miguel é e foi popular en Galicia, multitude de parroquias teñen a Miguel Arcanxo como patrón (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Miguel). Dende hai máis de cincuenta anos, na súa versión en inglés, Michael (pronunciado máikl), é un dos nomes máis usados nos Estados Unidos. En España empezou a ser moi popular a partir da Renacenza e actualmente é o sétimo nome de varón máis común do estado.

En Galicia, onde xa aparece nos rexistros do século XV coas formas: Miguel, Migeel ou Miguell, é hoxe o doceavo nome de varón máis popular do país, con todo é moito menos popular ca noutras comunidades de España. En setembro de 2015, 12.627 varóns galegos levaban este nome[1].

Míguez editar

Míguez ou Migues é o apelido patronímico galego do nome Miguel. En castelán deu Miguélez. Practicamente só aparece en Galicia e provincias onde os galegos emigraron. En setembro de 2015, 11.894 galegos tiñan este apelido[2].

Variantes noutras linguas editar

Albanés: Mëhill, Mhill.
Alemán: Michael, Michel
Árabe: ميخائيل (Mijaíl).
Asturiano: Micael, Micaela (feminino).
Bretón: Mikael
Catalán: Miquel, Miquela (feminino).
Checo e Eslovaco: Michal
Chinés (Mandarín): 麥可 (mài kě).
Coreano: 마이클 (ma i keul).
Córnico: Mygal
Croata: Mihovil, Miho
Danés: Mikael
Escocés: Micheal
Esloveno: Mihael
Español: Miguel, Micaela (feminino).
Esperanto: Mikelo
Estoniano: Miikael
Éuscaro: Mikel, Mikele (feminino).
Finlandés: Mikko, Mikael
Francés: Michel, Michèle (feminino).
Galés: Meical
Galego: Miguel, Miguela (feminino).
Grego: Μιχάλης (Michalis).
Hebraico: מיכאל (Mijael)
Holandés: Michiel, Michaël
Húngaro: Mihály
Inglés: Michael (hipocorístico Mike, Mickey, Mick), Michelle (feminino).
Irlandés: Mícheál
Islandés: Mikael
Italiano: Michele,[3] Michela (feminino).
Latín: Michael
Letón: Miķelis
Lituano: Mykolas
Maltés: Mikiel
Polonés: Michał, Michalina (feminino).
Portugués: Miguel (masculino), Micaela, Miquelina (femininos); no Brasil utilízanse ademais Maicon e Maico (que proveñen da pronuncia inglesa).
Romanés: Mihai
Ruso: Михаи́л (Mighail); hipocorístico: Миша (Mixa), Миха (Migha)
Serbio: Mihajlo
Sueco: Mikael
Bérber: Mighel
Turco: Mikail
Ucraíno: Михайло (Myighailo).
Xaponés: マイケル (ma i ke ru).
Xeorxiano: მიხეილი (Mijeili).

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar