Un mielocito é unha célula xove da serie granulocítica, que se encontra normalmente na medula ósea, pero pode encontrarse no sangue circulante por causa de certas enfermidades.

Mielocito basófilo[1]
Mielocito eosinófilo[2]
Mielocito neutrófilo[3]
Hematopoese.

Estrutura editar

Os mielocitos derivan de promielocitos. Os promielocitos tardíos diversifícanse en tres tipos de mielocitos con gránulos específicos (neutrófilos, eosinófilos e basófilos), que darán lugar aos distintos tipos de granulocitos.

Os mielocitos neutrófilos son os máis numerosos. Son de menor tamaño que os promielocitos e con cromatina máis condensada e menos aparato de Golgi. A súa diferenza principal é que conteñen un novo tipo de gránulos citoplasmáticos (ademais dos azurófilos que xa estaban presentes nos promielocitos), menos densos e alongados orixinados na cara convexa do aparato de Golgi. Estes gránulos novos conteñen fosfatase alcalina e proteínas antibacterianas. Os gránulos azurófilos teñen encimas similares aos dos lisosomas primarios. Despois de varias divisións mitóticas, diminúe o número de mitocondrias e o núcleo, inicialmente sen indentacións, vaise facendo profundamente escotado, e a célula convértese nun metamielocito. Estes metamielocitos orixinarán os granulocitos neutrófilos de núcleo segmentado en varios lobos unidos por porcións moi delgadas.[4]

O mielocito eosinófilo presenta grumos de cromatina periféricos no núcleo. Os seus gránulos específicos son máis grandes e eosinófilos que o citoplasma e conteñen peroxidase. Cando maduran a metamielocitos o núcleo estrangúlase e estes orixinan granulocitos eosinófilos de núcleo xeralmenrte bilobado.[4]

Os mielocitos basófilos son os menos numerosos. Teñen un núcleo máis pálido que o doutros mielocitos e uns poucos gránulos específicos no citoplasma metacromáticos e de tamaño variable. O núcleo estrangúlase cando se converten en metamielocitos. Finalmente estes últimos orixinan granulocitos basófilos ten dous ou tres lobos.[4]

Desenvolvemento editar

Os mielocitos derivan dos promielocitose dan lugar aos metamielocitos.

Notas editar

  1. Imaxe de Histoloxía:01809loa de Vaughan, Deborah (2002). A Learning System in Histology: CD-ROM and Guide. Oxford University Press. ISBN 978-0195151732. 
  2. Imaxe de Histoloxía:01810loa de Vaughan, Deborah (2002). A Learning System in Histology: CD-ROM and Guide. Oxford University Press. ISBN 978-0195151732. 
  3. Imaxe de Histoloxía:01804loa de Vaughan, Deborah (2002). A Learning System in Histology: CD-ROM and Guide. Oxford University Press. ISBN 978-0195151732. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Don W. Fawcett.. Tratado de Histología. 11ª edición. Interamericana-McGraw Hill. Páxinas 250-254. ISBN 84-7605-361-4

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar