O mielencéfalo é a primeira vesícula do encéfalo do sistema nervioso embrionario, orixinada polo rombencéfalo ou cerebro primitivo posterior, e que posteriormente dará lugar ao bulbo raquídeo.[1]

Esquema das subdivisións do encéfalo embrionario, co metencéfalo e mielencéfalo en verde.

Arredor da sexta e inicio da sétima semana de xestación o rombencéfalo divídese e orixina o mielencéfalo e o metencéfalo. Ao final da oitava e principios da novena semana estas vesículas formarán o bulbo raquídeo (mielencéfalo) e o cerebelo e ponte de Varolio (metencéfalo). A diferenciación final da forma do bulbo raquídeo pode observarse ás 20 semanas de xestación.[2]

O lume da vesícula, que orixinariamente tiña un aspecto de fenda, agrándase para formar a porción caudal do cuarto ventrículo. Neste proceso, a placa do teito (parede delgada dorsal) esténdese e adelgaza moito, e con frecuencia recibe o nome de tea coroide do cuarto ventrículo por estar comprendida na formación do plexo coroide posterior.

O suco limitante, que na medula era unha liña de demarcación entre a rexión sensorial da placa alar e a rexión motriz da placa basal continúa no mielencefalo. Está claramente marcado nos estadios temperáns e, aínda que máis tarde queda enmascarada en ambas as rexións debido ao crecemento de masas nucleares subxacentes, permanece como unha liña de demarcación valiosa para delimitar centros motores e sensoriais.

Forma os nervios craniais IX, X, XI, XII (glosofrarínxeo, vago, accesorio e hipogloso), e unha porción do vestibulococlear (VIII).

Bulbo raquídeo editar

Artigo principal: Bulbo raquídeo.

Función editar

O bulbo raquídeo serve como conexión do encéfalo coa medula espiñal, que forman en conxunto o sistema nervioso central. O bulbo raquídeo regula a función vasomotora e respostas autónomas como as da respiración e funcionamento do sistema cardiovascular e actividades reflexas básicas como tusir, espirrar, tragar ou vomitar.[3]

Danos e traumas editar

Debido á súa localización na bse do tronco cerebral, un trauma nesta área pode ser mortal. As lesións debidas a traumas poden causar edemas pulmonares debido á asociación do bulbo coa función pulmonar.[4] Tamén pode orixinarse isquemia por lesións na medula que afectan á función vasomotora.[5]

Notas editar

  1. Sadler, Langhman Embriología Médica con orientación clínica, 9a Ed. 2001, pags 479-483; ISBN 950-06-1372-7
  2. Carlson, Neil R. Foundations of Behavioral Neuroscience.63-65
  3. Loewy, A. D., & Spyer, K. M. (Eds.). (1990). Central regulation of autonomic functions. Oxford University Press, USA.145-164
  4. Matsuyama, T., Okuchi, K., Nishiguchi, T., Seki, T., & Murao, Y. (2007). Neurogenic pulmonary edema caused by a medulla oblongata lesion after head trauma. The Journal of trauma, 63(3), 700.
  5. Kumada, M. A. M. O. R. U., Dampney, R. A., & Reis, D. J. (1979). Profound hypotension and abolition of the vasomotor component of the cerebral ischemic response produced by restricted lesions of medulla oblongata in rabbit. Relationship to the so-called tonic vasomotor center. Circulation research, 45(1), 63-70.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar