Micrófono dinámico

Os micrófonos dinámicos, tamén denominados de bobina móbil, son un tipo de micrófono que emprega coma transdutor un diafragma de plástico que vai unido a unha bobina que está baixo a influencia dun campo magnético creado por un imán polarizado. Ó producirse unha variación na presión, coma consecuencia das presións das ondas sonoras, a bobina vibra producindo unha corrente proporcional ó desprazamento da membrana. Son os micrófonos máis empregados.

Micrófono dinámico Sennheiser e845S

Teñen as vantaxes de ser económicos e de uso moi sinxelo, son moi resistentes polo que son moi útiles en exteriores e admiten niveis altos de presión sen saturar.

Véxase tamén editar