Michelle Bachelet

presidenta da República de Chile

Verónica Michelle Bachelet Jeria, nada en Nuñoa (Santiago) o 29 de setembro de 1951, é unha médico e política chilena, actual presidenta da República de Chile desde o 11 de marzo de 2014. Bachelet xa ostentara a presidencia do país entre o 11 de marzo de 2006 e o 11 de marzo de 2010. Tamén foi a primeira presidenta pro tempore de UNASUR, e a primeira encargada de ONU Mulleres, axencia das Nacións Unidas para a igualdade de xénero.

Infotaula de personaMichelle Bachelet Jeria
Nome orixinal(es) Verónica Michelle Bachelet Jeria Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
La Cisterna, Chile (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Presidente da República de Chile
Período11 de marzo de 2014 – 
AntecesorSebastián Piñera Echenique
Período11 de marzo de 2006 – 11 de marzo de 2010
AntecesorRicardo Lagos Escobar
SucesorSebastián Piñera Echenique
Directora executiva de ONU Mulleres
Secretaria xeral adxunta da ONU
Período14 de setembro de 2010 – 15 de marzo de 2013
AntecesorCreación do cargo
SucesorPhumzile Mlambo-Ngcuka
Presidenta pro tempore da Unasur
Período23 de maio de 2008 – 10 de agosto de 2009
AntecesorCreación do cargo
SucesorRafael Correa Delgado
Ministra da Defensa Nacional de Chile
Período7 de xaneiro de 2002 – 29 de setembro de 2004
AntecesorMario Fernández Baeza
SucesorJaime Ravinet de la Fuente
Ministra de Saúde de Chile
Período11 de marzo de 2000 – 7 de xaneiro de 2002
AntecesorÁlex Figueroa Muñoz
SucesorOsvaldo Artaza Barrios
Datos persoais
ResidenciaPotsdam (1978–)
Leipzig (1978–1978)
Potsdam (1975–1978)
Bethesda (pt) Traducir (1962–1964)
Xenebra
Nova York
Quintero (pt) Traducir
Australia
Washington, D.C.
Antofagasta, Chile
San Bernardo (pt) Traducir
Santiago de Chile Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónChilean Army War Academy (en) Traducir - ciência militar (pt) Traducir (1998–1998)
Colégio Interamericano de Defesa (pt) Traducir - Defensa Continental (en) Traducir (1997–1998)
Academia Nacional de Estudios Políticos y Estratégicos (en) Traducir - certification course (en) Traducir (1996–1996)
Universidade Humboldt de Berlín - medicina (1978–1979)
Universidade de Leipzig - lingua alemá (1978–1978)
Universidade de Chile - medicina (1970–1983)
Liceo Nº 1 Javiera Carrera (en) Traducir - high school diploma (en) Traducir (1964–1969)
Westland Middle School (en) Traducir (1962–1964) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstratexia militar Editar o valor em Wikidata
OcupaciónMédico
EmpregadorONU Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista de Chile
Membro de
LinguaLingua alemá, lingua inglesa, lingua francesa, lingua portuguesa, lingua rusa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2019World Economic Forum Annual Meeting 2019 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJorge Dávalos Cartes (1979–1984)
FillosSebastián Dávalos e dúas fillas
PaisAlberto Bachelet (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Ángela Jeria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesMáximo Jeria (en) Traducir (bisavó) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
15 de decembro de 2013Eleição presidencial do Chile em 2013 (pt) Traducir
27 de febreiro de 2010Terremoto de Chile de 2010
2006Mobilização estudantil no Chile em 2006 (pt) Traducir
11 de decembro de 20052005–06 Chilean presidential election (en) Traducir
decembro de 1992parto
febreiro de 1984parto
1984separación legal
xuño de 1978parto
1977-1984matrimonio
1975interrogatorio (Villa Grimaldi (pt) Traducir)
1975tortura (Villa Grimaldi (pt) Traducir)
1969-1979exilio
1964emigración dende os Estados Unidos
1962inmigración ós Estados Unidos
Red Metropolitana de Movilidad (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura

Editar o valor em Wikidata

Páxina webmichellebachelet.cl Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1905605 Facebook: MichelleBachelet Twitter: mbachelet Discogs: 485959 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Alberto Bachelet, xeneral de brigada da Forza Aérea de Chile e membro do goberno da Unidad Popular liderado por Salvador Allende, Michelle Bachelet estudou medicina na Universidade de Chile, período en que ingresou nas filas do Partido Socialista. Tras o golpe de Estado do 11 de setembro de 1973, o seu pai foi detido pola ditadura militar, falecendo en prisión, e Michelle xunto coa súa nai, Ángela Jeria, pasou á clandestinidade. En 1975 ambas foron detidas en Villa Grimaldi polos organismos represivos da ditadura, antes de partir ao exilio.

En 1979 regresou ao país e sumouse a diversos movementos contrarios á ditadura de Augusto Pinochet. Co retorno da democracia, Bachelet desenvolveu unha carreira política de baixo perfil, que cambiaría radicalmente ao asumir como ministra de Saúde durante o goberno de Ricardo Lagos Escobar en 2000. En 2002, asumiu como ministra de Defensa, sendo a primeira muller do país e de Iberoamérica en ocupar dito posto.[1] Nesa posición, Bachelet converteuse nunha figura de gran popularidade sendo designada posteriormente como candidata presidencial da Concertación de Partidos por la Democracia para as eleccións presidenciais de 2005, as cales gañou o 11 de decembro dese ano e o 11 de xaneiro de 2006 en primeira e segunda volta, respectivamente.

Presidenta de Chile editar

A elección de Bachelet como presidenta de Chile marcou un dos maiores fitos na historia republicana do país ao ser a primeira muller electa para exercer o máximo cargo gobernamental. Pese ás altas cifras de aprobación e popularidade ao iniciar o seu mandato, ao termo da que se chamou «lúa de mel», Bachelet debeu afrontar unha serie de diversos conflitos, de entre os cales sobresaen a Revolución pingüina —iniciada a menos de dous meses de comezar o seu goberno— e a crise do Transantiago —ao ano seguinte—, que xeraron fortes divisións e crises na coalición de goberno como así mesmo durísimas críticas e reproches por parte da oposición. Porén, ao empezar a segunda metade do seu mandato, o «sello social» dos dous restantes anos —que permitiu unha importante reforma ao sistema previsional— e a ben avaliada xestión da crise económica mundial de 2008, permitiu que Bachelet repuntara as súas cifras de popularidade, alcanzando cifras históricas de apoio a nivel latinoamericano;[2] no plano internacional, Bachelet foi avaliada entre as mulleres máis poderosas e influentes do mundo.[3][4][5] A poucas semanas do termo do seu goberno, en febreiro de 2010, tivo que afrontar un terremoto de magnitude 8,8 que azotou a zona centro sur do país, que produciu, ademais, un forte tsunami que impactou as costas chilenas. Ambos eventos destrutivos deixaron un saldo de 525 persoas mortas e 25 desaparecidas.

Nacións Unidas editar

Tras o seu mandato, Bachelet asumiu como secretaria xeral adxunta das Nacións Unidas, coa fin de encargarse e desempeñar a dirección executiva da recentemente creada axencia ONU Mulleres.[6][7] Non obstante, a expresidenta mantívose como unha das figuras políticas mellor avaliadas pola cidadanía chilena,[8][9] o que motivou o seu regreso ao país en marzo de 2013 para converterse novamente en candidata á presidencia.[10] Elixida en primarias como candidata do pacto Nueva Mayoría -conformada pola ex-Concertación e outros partidos de esquerda-,[11] Bachelet obtivo unha ampla maioría dos votos nas eleccións presidenciais de 2013 e foi reelecta para un segundo período, o que iniciou o 11 de marzo de 2014.

Recoñecementos editar

En 2005, foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.[12]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Presidente de Chile

Segue a:
Ricardo Lagos Escobar
Michelle Bachelet
Precede a:
Sebastián Piñera
Partido Socialista de Chile
Presidente de Chile

Segue a:
Sebastián Piñera
Michelle Bachelet
Precede a:
Sebastián Piñera
Partido Socialista de Chile