Michel Pacewicz

arquitecto frances

Stéphane Michel Jean Pacewicz Durand, nado en Chateau-Gontier, Francia, o 19 de outubro de 1843 e finado en Vigo o 2 de febreiro de 1921, foi un arquitecto francés de orixe polonesa. Desenvolveu os seus últimos 17 anos de actividade profesional en Vigo, onde deseñou algún dos edificios máis representativos da cidade.

Infotaula de personaMichel Pacewicz
Biografía
Nacemento19 de outubro de 1843 Editar o valor em Wikidata
Château-Gontier, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte2 de febreiro de 1921 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaVigo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Traxectoria editar

En 1860 inicia os seus estudos de arquitectura formándose co profesional parisiense Paul Abadie, para logo traballar con Louis Jules Bouchot. Posteriormente, no ano 1872, coñece ao potentado vigués Benito Sanjurjo, que por aquel entón residía en París, e a través del entra en contacto coa burguesía viguesa do momento. Pero non sería ata o 1904 cando Pacewicz, con xa 61 anos, decide instalarse en Vigo coa súa dona e desenvolver na cidade olívica o seu labor profesional, malia que xa dende o 1897 levaba deseñando edificios pensados para aquela.

 
   
Casas de Benito Sanjurjo. Fachadas dos nos 17 e 19.

Obra editar

O estilo das construcións de Pacewicz é o eclecticismo, con algunhas mostras de neomedievalismo. Velaquí algúns dos seus edificios máis representativos:

   
El Moderno (1897) nunha postal de 1925 e nunha foto de 2011.
  • Casa para Joaquín Acuña Soaje (1897), na rúa Policarpo Sanz esquina Velázquez Moreno.
  • Edificio El Moderno (1897). Deseñado por Pacewicz cando aínda vivía en Francia. Hotel dende 1906, posteriormente reformado por Desiderio Pernas, situado na rúa de Policarpo Sanz.[1]
  • Escola de Artes e Oficios (1897). Ao igual que a anterior tamén a proxectou en Francia. Localízase na esquina da avenida de García Barbón coa rúa Pontevedra.[2]
  • Casa para Salvador Aranda Graña (1898), na rúa Concepción Arenal n.º 1.
  • Casa Yáñez (1900). Edificio situado na Praza de Compostela esquina coa rúa Velázquez Moreno, é, xunto coa Escola, un exemplo da súa arquitectura neomedievalista.
  • Chalé ou Casa de Rosendo Silva (1900), na rúa López Mora.
  • Casa de Enrique Lagos (1901) na Rúa Policarpo Sanz n.º 19.
  • Casas para Benito Sanjurjo Ramírez de Arellano (1903-1912), do número 11 ao número 23 da Rúa de Urzáiz.[3]
  • Casas de Oya (1904), na avenida de García Barbón esquina Rúa República Arxentina, sede do Hotel NH Palacio de Vigo****.[4]
  • Casa para Ángel Núñez Berdiales (1904) na Rúa Urzáiz 42, esquina Rúa Hernán Cortés.
  • Casa para Benito Sanjurjo (1906), no número 20 da Praza de Compostela.
  • Casa para Rosendo Silva (1907) en colaboración con Jenaro de la Fuente Domínguez, na P.ª de Compostela 19, esquina r/ Concepción Arenal.[5]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Edificio El Moderno na páxina do Concello de Vigo.
  2. Escola de Artes e Oficios Arquivado 11 de maio de 2012 en Wayback Machine. na páxina do Concello de Vigo.
  3. Grupo de Casas de Benito Sanjurjo en Turgalicia.
  4. Casas de Oya na páxina do Concello de Vigo.
  5. Casa Rosendo Silva en Turgalicia.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar