Michael Carter-Williams

baloncestista estadounidense

Michael Carter-Williams, nado o 10 de outubro de 1991 en Hamilton, Massachusetts, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Michael Carter-Williams
Axente libre
Posición Base
Información persoal
Nacemento 10 de outubro de 1991 (32 anos)
Hamilton, Massachusetts
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
Instituto St. Andrew's
(Barrington, Rhode Island)
Universidade Syracuse (2011–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 11
Por Philadelphia 76ers
Carreira dende 2013
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2013–2015)
Milwaukee Bucks (2015–2016)
Chicago Bulls (2016–2017)
Charlotte Hornets (2017–2018)
Houston Rockets (2018–2019)
Orlando Magic (2019–2022; 2023)
Capitanes de Ciudad de México (2023)

Traxectoria profesional editar

Carter-Williams foi seleccionado na 11ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Philadelphia 76ers.[1] Asinou o seu contrato cos 76ers o 24 de setembro de 2013, xunto ó seu compañeiro Nerlens Noel.[2] No seu debut na NBA o 30 de outubro de 2013, fixo 22 puntos, 12 asistencias, 7 rebotes e 9 roubos na vitoria dos Sixers sobre os Miami Heat por 114-110.[3] Os 9 roubos supuxeron a maior marca de roubos de balón feita por un rookie en toda a historia. Na súa primeira semana na NBA foi elixido Xogador da Semana, un logro que ata a data só o conseguira Shaquille O'Neal en 1992.[4]

O 3 de decembro de 2013, conseguiu a súa primeira tripla-dobre con 27 puntos, 12 rebotes e 10 asistencias en 46 minutos, na vitoria por 126-125 antes os Orlando Magic. No mesmo partido, o tamén rookie Victor Oladipo, dos Magic, fixo tamén a súa primeiro triplo-dobre, facendo desta a primeira vez na historia na que dous rookies conseguen unha tripla-dobre no mesmo partido.[5]

O 19 de febreiro de 2015, Carter-Williams foi traspasado ós Milwaukee Bucks nun traspaso entre os Sixers, os Bucks e os Phoenix Suns. Como parte do acordo, Milwaukee recibiu tamén a Tyler Ennis e a Miles Plumlee de Phoenix, mentres que Phoenix recibiu a Brandon Knight de Milwaukee, e Philadelphia recibiu unha futura elección do Draft de Phoenix.[6]

O 17 de outubro de 2016, Carter-Williams foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio de Tony Snell.[7]

O 7 de xullo de 2017, Carter-Williams asinou cos Charlotte Hornets.[8]

O 6 de xullo de 2018, Carter-Williams asinou cos Houston Rockets.[9] O 7 de xaneiro de 2019, foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio dunha elección protexida da segunda rolda do Draft de 2020. Foi cortado polos Bulls inmediatamente despois de ser traspasado.[10]

O 15 de marzo de 2019, Carter-Williams asinou un contrato de dez días cos Orlando Magic.[11] O 25 de marzo asinou un segundo contrato de dez días,[12] e o 4 de abril os Magic decidiron manter ó xogador ata final de tempada.[13] O 10 de xullo de 2019, Carter-Williams asinou unha tempada máis cos Magic.[14]

Estatísticas editar

Tempada regular editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2013–14 Philadelphia 70 34.5 .405 .264 .703 6.2 6.3 1.9 0.6 16.7
2014–15 Philadelphia 41 33.9 .380 .256 .643 6.2 7.4 1.5 0.4 15.0
Total 111 34.3 .396 .261 .683 6.2 6.7 1.7 0.5 16.0

Notas editar

  1. Sixers Select Michael Carter-Williams with 11th Overall Pick in 2013 NBA Draft
  2. Sixers Sign Nerlens Noel and Michael Carter-Williams
  3. Michael Carter-Williams, 76ers hold on, stun Dwyane Wade-less Heat
  4. "Carter-Williams, Love named Players of the Week". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2013. Consultado o 08 de decembro de 2013. 
  5. "Notebook: Sixers 126, Magic 125". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2013. Consultado o 08 de decembro de 2013. 
  6. "Bucks Acquire Michael Carter-Williams, Tyler Ennis and Miles Plumlee in Three-Team Trade". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  7. "Bucks Acquire Tony Snell from the Bulls". NBA.com. 17 de outubro de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2016. 
  8. "Charlotte Hornets Sign Guard Michael Carter-Williams". NBA.com. 7 de xullo de 2017. Consultado o 7 de xullo de 2017. 
  9. "Rockets Sign Free-Agent Michael Carter-Williams". NBA.com. 6 de xullo de 2018. Consultado o 7 de xullo de 2018. 
  10. "Bulls complete trade with Rockets". NBA.com. 7 de xaneiro de 2019. Consultado o 7 de xaneiro de 2019. 
  11. "Magic Sign Michael Carter-Williams to 10-Day Contract". NBA.com. 15 de marzo de 2019. Consultado o 15 de marzo de 2019. 
  12. "Magic Sign Carter-Williams to Second 10-Day Contract". NBA.com. 25 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 
  13. Parry, Roy. "Magic officially sign Michael Carter-Williams for rest of season, waive Isaiah Briscoe". OrlandoSentinel.com. Consultado o 2019-04-09. 
  14. "Magic Re-Sign Michael Carter-Williams". NBA.com. 10 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar