O Metro de Granada, oficialmente Metropolitano de Granada, é un sistema de metro lixeiro que dá servizo a área metropolitana de Granada. Consta dunha única liña que cruza a cidade e esténdese aos municipios de Albolote, Maracena e Armilla. Está xestionado pola sociedade mixta público-privada Metro de Granada, S.A., e conta con tramos tanto en superficie como subterráneos.

Sección de superficie do Metro de Granada.

Historia editar

 
Plano esquemático do Metro de Granada.

Construción editar

 
Plano xeográfico

O proxecto consiste en conectar en 45 minutos a zona norte do Área Metropolitana co sur, que é a zona co maior crecemento residencial de Granada. A zona servida polo Consorcio de Transporte está integrada por 32 municipios e conta cunha poboación de preto de medio millón de habitantes (489 160 Hab. INE 2007), case o 62% do censo da poboación da provincia.

As obras iniciáronse no outono de 2006 e terán unha duración de 30 meses. O orzamento inicial é de 360 millóns de euros (17% dos concellos e 83% da Xunta de Andalucía).

Houbo un gran debate acerca da creación dun metro suburbano ou en superficie. Mentres que o Concello da capital defendía un metro subterráneo a Xunta optaba por un transporte ao aire libre. foi a liña 1 a que provocou os principais enfrontamentos entre os organismos administrativos, ata que en xaneiro de 2005 alcanzouse un trazado case definitivo. No Zaidin acometerase o soterramento do trafico rodado para evitar a concorrencia co metro lixeiro.

O 18% do trazado é soterrado. En concreto, os 2,3 km que conforman o Camiño de Rolda e algúns cruces puntuais (A-44), o resto en superficie é en plataforma tranviaria.

Inauguración editar

O 21 de setembro de 2017 o sistema de metro quedou finalmente inaugurado nun acto ao que acudiron responsables de tódalas administracións involucradas. Durante o seu primeiro día de servizo o metropolitano tivo unha boa acollida con 23.500 usuarios.[1]

Os datos positivos en canto a afluencia consolidáronse nos meses seguintes a súa posta en funcionamento ao alcanzar os 1,5 millóns de pasaxeiros en novembro de 2017, dous meses despois da súa inauguración.[2]

Parque móbil editar

O Metro granadino contará con 13 unidades móbiles (tipo tranvía), conformadas por 5 convois de 210 prazas cada un, cuxa velocidade máxima vai ser de 50 km/h en tramos urbanos en superficie e de 70 km/h no trazado interurbano ou en túnel. A velocidade comercial, que inclúe os tempos de parada, oscilará entre os 20 e os 28 km/h.

Paradas da L1 editar

As paradas/estaciones en superficie están configuradas como paradas tranviarias.

  • Jacobo Camarero.
  • Juncaril
  • Vicuña
  • Anfiteatro
  • Blas de Otero
  • Cerrillo Maracena
  • Carretera de Jaén
  • Estación de autobuses
  • Argentinita
  • Perete
  • Villarejo
  • Caleta
  • Estación AVE (Intermodal: correspondencia con trens de media e longa distancia)
  • Universidad
  • Méndez Nuñez (subterránea)
  • Recogidas (subterránea)
  • Río Genil (subterránea)
  • Hípica
  • Andrés Segovia
  • Palacio de los Deportes
  • Nuevos Cármenes
  • Avenida de Dílar
  • Parque Tecnológico
  • Nevada
  • Carretera de Granada
  • Poniente

Notas editar

Ligazóns externas editar