O metal cristián, tamén denominado nalgúns medios white metal,[1] é unha forma do heavy metal definida habitualmente polo mensaxe das letras dos temas musicais e a afiliación declarada dos membros dos grupos musicais ao cristianismo. A produción desta música adoita facerse e distribuirse a través de estacións de radio e selos discográficos considerados dentro do momemento cristián.[2]

Metal cristián
Orixe musicalRock cristián, heavy metal, hard rock
Orixe culturalFinais dos anos 1970 nos Estados Unidos de América
Instrumentos típicosGuitarra eléctrica, baixo, batería, voz
Xéneros de fusión
Unblack metal

Os grupos de metal cristián atópanse dentro de tódolos subxéneros do heavy metal, tendo a característica común entre eles a temática das letras. As temáticas cristiás e relixiosas adoitan mesturarse coas temáticas habituais de cada un dos xéneros nos que se encadran os grupos. Algúns estudos argumentan que a subcultura do metal cristián fornece aos seus membros unha forma alternativa de profesar a súa relixión, ofrecéndolles unha alternativa diferente ao heavy metal máis tradicional con mensaxes máis escuros ou negativos.[2]

O metal cristián xurdiu a finais dos anos 1970 como forma de evanxelización da escena musical do heavy metal,[3] con grupos pioneiros como os estadounidenses Resurrection Band e Petra e os suecos Jerusalem. Nos anos 1980 o grupo estadounidense Stryper acadou un éxito considerable, seguidos dos tamén estadounidenses Tourniquet e os australianos Mortification nos anos 1990. O grupo de rap metal P.O.D. e os grupos de metalcore Underoath, Demon Hunter, As I Lay Dying e Norma Jean atraeron a atención dos medios principais cara este movemento na primeira década do século XXI, acadando posicións notables na lista Billboard 200.[4][5]

Notas editar

  1. Thompson, John J. (2000). Raised by Wolves: the Story of Christian Rock & Roll. Ottawa, Ontario: ECW Press. pp. 153–154. ISBN 1-55022-421-2. 
  2. 2,0 2,1 Moberg, Marcus (3 de novembro de 2008). Turn or Burn? The Peculiar Case of Christian Metal Music (PDF). Heavy Fundamentalisms: Music, Metal & Politics. Salzburgo: Inter-Disciplinary.Net. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2015. 
  3. Moberg, Marcus (2011). "The ‘Double Controversy’ of Christian Metal". Popular Music History: 87. ISSN 1740-7133. doi:10.1558/pomh.v6i1/2.85. 
  4. "Satellite: Awards". Allmusic. Consultado o 14 de xuño de 2012. 
  5. Beaujour, Tom. "UNDEROATH, AS I LAY DYING, NORMA JEAN, AND DEMON HUNTER". Revolver. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2010. Consultado o 12 de novembro de 2015.