Mesa de Forzas Políticas Galegas

A Mesa de Forzas Políticas Galegas (MFPG) foi unha plataforma política que pretendía unir o nacionalismo galego para dotar a Galicia de forzas políticas propias que exerceran a hexemonía política no país para conseguir a soberanía nacional. Formouse o 11 de xuño de 1980 e dela formaban parte do PSG, AN-PG e a UPG, sen implicar ningún tipo de unidade orgánica. A MFPG manifestouse en contra da Constitución española, do Estatuto de Autonomía, da entrada de España no Mercado Común e na OTAN e traballou para conseguir a unidade dos sindicatos nacionalistas que deu lugar á INTG.

Historia editar

A súa orixe está nas xuntanzas que a iniciativa do PSG se celebraron entre esta e as forzas que compuñan o BNPG e Unidade Galega. Finalmente o Partido Galeguista e o Partido Obreiro Galego rexeitan formar parte dela. A formación da MFPG supuxo a fin do histórico enfrontamento entre a UPG e o PSG.

Bibliografía editar

  • Miguel Anxo Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Laiovento, 2003