Mesía, Mesía

parroquia civil do concello de Mesía

San Cristovo de Mesía é unha parroquia do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 359 habitantes (199 homes e 160 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 531 habitantes.

Mesía
Igrexa parroquial de San Cristovo.
ConcelloMesía[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°06′50″N 8°16′28″O / 43.11401, -8.27439Coordenadas: 43°06′50″N 8°16′28″O / 43.11401, -8.27439
Área14,26 km²
Poboación359 hab. (2023)
Densidade25,18 hab./km²
Entidades de poboación24[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Localízase ao oeste do concello. Limita ao noroeste con Visantoña, ao suroeste con Olas, ao sueste con Xanceda, ao leste con Bascoi e ao norte co concello de Oza-Cesuras.

Caracterízase por ser accidentada con dúas zonas de pendentes diferenciadas. Por un lugar, a pendente acusada, na galla dun 13 a un 25 %, ao leste do río Samo e por outro lugar, unha pendente máis suave, dun 6 a un 13 % de pendentes, ao leste do río Samo. As cotas máis altas danse nesa primeira zona, chegando aos 462 metros de altitude no Monte Alfonsín.

Comunícase a través da estrada AC-223.

Patrimonio editar

A igrexa parroquial de San Cristovo de Mesía data do século XVIII, presenta planta de cruz grega. Dentro alberga un retablo ornamentado con pezas clásicas, encabezadas pola imaxe de San Cristovo.

O Pazo de Recelle data do século XVII, ten escudo na fachada. A estrutura é unha planta rectangular. Nas inmediacións atopamos un hórreo de tres cepas e unha fonte con pía de cantería.

Festas editar

  • As Misas, na fin de semana despois de Corpus.
  • San Cristovo, segunda fin de semana de xullo.
  • Virxe das Mercedes o 8 e 9 de setembro.
  • “Romaría dos Quintos” o 24 de setembro.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Mesía editar

Lugares da parroquia de Mesía no concello de Mesía (A Coruña)

Afonsín | Alvite | Amil | Areosa | Astrai | O Campo | A Castiñeira | O Cruceiro | O Curro | A Escaravelleira | Feás | Feás de Arriba | Fondo da Aldea | Gudín | A Igrexa | Leborís | O Monte | Nosiño | O Outeiro | Recelle | Sobrado | Tiñoso | A Torre | Vilar

Parroquias de Mesía editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mesía

Albixoi (Santa Mariña) | Bascoi (Santiago) | Boado (Santiago) | Bruma (San Lourenzo) | Cabrui (San Martiño) | Castro (San Sebastián) | Cumbraos (Santa María) | Lanzá (San Mamede) | Mesía (San Cristovo) | Olas (San Lourenzo) | Visantoña (San Martiño) | Xanceda (San Salvador)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar