Merlin Stone

autora, escultora e mestra de arte e historia da arte

Merlin Stone, nada como Marilyn Jacobson[1] en BrooklynNova York, o 27 de setembro de 1931 e finada o 23 de febreiro de 2011, foi unha autora, escultora e profesora de arte e historia da arte. Foi unha salientable pensadora da teoloxía feminista e da Deusa nai[2] máis coñecida polo libro que escribiu, When God Was a Woman (1976).

Merlin Stone
Nacemento27 de setembro de 1931
Lugar de nacementoBrooklyn
Falecemento23 de febreiro de 2011
Lugar de falecementoDaytona Beach
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónmestra, escultora, escritora, profesora universitaria, activista polos dereitos das mulleres e historiadora
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Merlin Stone comezou a interesarse pola arqueoloxía e a relixión antiga a partir dos seus estudos en historia da arte. Deu clases na Universidade de Nova York.

A autora pasou unha década pescudando antes de escribir o libro entón titulado The Paradise Papers e despois na edición norteamericana como When God Was a Woman (1976). A obra describe a teoría sobre como os hebreos suprimirían a suposta relixión baseada no culto á Deusa nai, que sería practicada en Canaán, e como esa estrutura de relixión matriarcal e matrilinear moldearía a estrutura da relixión xudaica e polo tanto, do cristianismo.

Noutra obra, Ancient Mirrors of Womanhood engadiu historias, mitos e oracións arredor da figura da deusa nunha ampla variedade de relixións. A hipótese de Stone é radical e desafiadora para as visións normalmente aceptadas sobre a antigüidade e como tales son controvertidas. É autora tamén de moitos ensaios, como por exemplo "3,000 Years of Racism."

A obra When God Was a Woman tivo un profundo impacto na emerxente cultura do culto á Deusa dos anos 70 e 80 nos Estados Unidos. É escrito de forma clara e sinxela, especialmente para mulleres criadas nunha tradición xudaico-cristiá e propiciou por iso que o tema dunha divindade feminina fose máis accesíbel.

Notas editar

  1. Axelrod, David B.; Orenstein, Gloria; Thomas, Carol F.; Schneir, Lenny; Stone, Merlin (2014). "Merlin Stone Timeline". Merlin Stone Remembered: Her Life and Works. Llewellyn Worldwide. ISBN 9780738744001. 
  2. Kester-Shelton, Pamela, ed. (1996). "Merlin Stone". Feminist Writers. Detroit: St. James Press. ISBN 978-1558622173.