Mererid Hopwood

escritora británica

Mererid Hopwood, nada en Cardiff en 1964, é unha poetisa galesa que fixo historia ao ser a primeira muller en gañar a Cadeira no Festival Nacional de Gales, ou Eisteddfod, seguindo a tradición na cultura galesa de lles entregar unha cadeira e unha coroa, que tamén gañou dous anos máis tarde, a aqueles escritores, poetas e personalidades senlleiros na cultura do País de Gales.

Mererid Hopwood
Nacementofebreiro de 1964
Lugar de nacementoCardiff
NacionalidadeReino Unido e Gales
Alma máterUniversidade de Aberystwyth e Ysgol Llanhari
Ocupaciónpoeta, presentadora de televisión, escritora e docente
PremiosFellow of the Learned Society of Wales
Na rede
Musicbrainz: a27a628c-f6a8-4ad0-bea5-76f3a9ea1918 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

É de Cardiff, malia que a súa familia teña as súas orixes no condado occidental de Pembrokeshire. Agora vive na vila de Llangynnwr, no condado de Carmarthenshire, co seu marido e fillos. Graduouse cunhas moi boas cualificacións e con honras de primeira clase en español e en alemá pola universidade de Aberystwyth, dependente da Universidade de Gales. Despois duns anos coma profesora de Lingua alemá na Universidade de Swansea e como directora de escritura creativa no departamento de Lingua galesa da mesma, entrou a formar parte do Arts Council of Wales no equipo do Medio e Oeste Galés. Na actualidade tamén traballa como ensinante de español nun liceo do condado de Carmarthenshire.

Presenta, tamén, un programa de televisión na canle galesa S4/C.

Obras editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar