Mercyful Fate é unha banda danesa de heavy metal formada en 1981 en Copenhague polo vocalista King Diamond e o guitarrista Hank Shermann.[1][2] Influenciada polo rock progresivo e o hard rock, con letras que falan de Satanás e de ocultismo,[3][4] Mercyful Fate foi parte da primeira onda do black metal de principios a mediados dos anos 80. Moitas das bandas dese movemento influenciarían posteriormente aos músicos de black metal nos anos 90, particularmente en Noruega. Dende a aparición do grupo en 1981, Mercyful Fate publicou sete álbums de estudio, dous EPs e catro recompilatorios.

Mercyful Fate
King Diamond actuando con Mercyful Fate
OrixeCopenhague, Dinamarca Dinamarca
Período1981 - 1985
1992 - presente
Xénero(s)heavy metal, black metal
Selo(s) discográfico(s)Roadrunner, Metal Blade
MembrosKing Diamond
Hank Shermann
Sharlee D'Angelo
Bjarne T. Holm
Mike Wead
Na rede
kingdiamondcoven.com
Facebook: mercyfulfateofficial Instagram: mercyfulfatecoven MySpace: mercyfulfate18is9 Bandcamp: mercyfulfateSouncloud: mercyfulfateofficial Spotify: 0W8edGiwAsv6HXF0Kyc2V9 Last fm: Mercyful+Fate Musicbrainz: 9b137ab6-5987-4606-989b-183cdb2d3e50 Songkick: 414167 Discogs: 251799 Allmusic: mn0000343954 Deezer: 1067 Genius: Mercyful-fate Editar o valor em Wikidata

Despois de varios cambios de formación e demos autoeditadas, Mercyful Fate publicou o seu EP Merciful Fate en 1982, cunha formación composta por King Diamond (voces), Hank Shermann (guitarra), Michael Denner (guitarra), Timi Hansen (baixo) e Kim Ruzz (batería). Con esta formación o grupo gravou os seus primeiros dous álbums de estudio, Melissa (1983) e Don't Break the Oath (1984), e durou ata 1985, cando a banda separouse debido a diferenzas musicais. En 1993 catro dos cinco membros de Mercyful Fate reuníronse para gravar o álbum In the Shadows, que foi editado ese mesmo ano. Durante os anos 90 a banda lanzou catro álbums de estudio máis e pasou por varios cambios na formación. Dende 1999 Mercyful Fate está en hiato, aínda que se ten reunido varias veces na década dos 2000.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Melissa 1983 Roadrunner Records
Don't Break the Oath 1984 Roadrunner Records
In the Shadows 1993 Metal Blade Records
Time 1994 Metal Blade Records
Into the Unknown 1996 Metal Blade Records
Dead Again 1998 Metal Blade Records
9 1999 Metal Blade Records

Notas editar

  1. YouTube (ed.). "Entrevista a King Diamond en 1997". Consultado o 28 de abril de 2017. 
  2. Allmusic (ed.). "Mercyful Fate en Allmusic". Consultado o 28 de abril de 2017. 
  3. Allmusic (ed.). "Mercyful Fate - Melissa". Consultado o 28 de abril de 2017. 
  4. Allmusic (ed.). "Mercyful Fate - Don't Break the Oath". Consultado o 28 de abril de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar