Mensa Internacional

organización para persoas cun cociente intelectual elevado

Mensa é unha organización para persoas cun elevado cociente intelectual. O único requirimento de admisión é obter unha puntuación que estea no 2% superior (por riba do percentil 98) da poboación nun test de intelixencia. En concreto, este test debe ser un dos aprobados por Mensa para tal fin. Mensa Internacional ten unhas 100 000 persoas asociadas. O nome procede de mensa, (mesa en latín), en lembranza da "mesa redonda" do Rei Artur, como símbolo de que é un club de socios iguais en dereitos e obrigas.

Mensa Internacional
Logo
AcrónimoMIL
Tiposociedades de Alto QI, asociación e organización non gobernamental internacional
Data de fundación1 de outubro de 1946
Fundador(es)Lancelot Ware e Roland Berrill
Presidente/aBibiána Balanyi (en) Traducir (2015-2019) Editar o valor em Wikidata
Nº de membros140.000 (2017) Editar o valor em Wikidata
Organización subsidiariaMensa Österreich, Mensa Czechia, Mensa Finland, Mensa France, Mensa in Deutschland, Italian Mensa, Mensa Mexico, Mensa Spain, Mensa Sweden e American Mensa
SedeCaythorpe
Na rede
https://www.mensa.org
Facebook: mensainternational Twitter: MensaInternatl Instagram: mensa_indonesia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Introdución editar

Roland Berrill, un avogado australiano e Lancelot Ware, científico e xurista inglés, fundaron Mensa en Inglaterra en 1946. A súa idea era crear unha asociación de superdotados, cuxo único requisito de admisión fose o cociente intelectual. Os obxectivos orixinais, que seguen a ser os do momento actual, eran crear unha asociación allea a calquera tipo de diferenzas políticas, relixiosas, ideolóxicas ou nacionais. Mensa xunta todo tipo de persoas de calquera procedencia e formación co obxectivo de crear un ambiente socialmente enriquecedor. Mensa acepta como proba de ingreso un certificado expedido por un psicólogo debidamente autorizado para exercer a súa profesión e tamén administra tests de cociente intelectual.

Obxectivos de Mensa editar

Mensa ten tres obxectivos declarados:

  • Identificar e promover a intelixencia en beneficio da humanidade.
  • Promover a investigación sobre a natureza, características e aplicacións da intelixencia.
  • Crear un ambiente social que fomente a actividade intelectual dos seus socios.

Organización editar

Mensa, formalmente, está conformado por Mensas Nacionais baixo do paraugas da organización Mensa Internacional.

Os socios que residen nun país onde hai unha Mensa constituída pertencen ó devandito grupo, mentres que en países con poucos socios, forman parte de Mensa Internacional. Os dous grupos principais son American Mensa, con 50.000 socios, e British Mensa (inclúe Reino Unido e Irlanda), cuns 25.000. Mensa España funciona dende 1984 e ten uns 1.350 socios. Existen grupos nacionais recoñecidos na Arxentina e Colombia.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar