Meindert Hobbema

pintor neerlandés

Meindert Lubbertszoon Hobbema, nado en Ámsterdam o 31 de outubro de 1638 e finado o 7 de decembro 1709, foi un pintor holandés de paisaxes.

Meindert Hobbema
Nacemento31 de outubro de 1638
Lugar de nacementoÁmsterdam
Falecemento7 de decembro de 1709
Lugar de falecementoÁmsterdam
NacionalidadeProvincias Unidas
Ocupaciónpintor
Coñecido porLandscape near Deventer, Cottages in a Forest e The Avenue at Middelharnis
Na rede
Musicbrainz: f6c81039-57d5-4cf5-b1ab-789870ccfbcf Discogs: 2386595 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
O camiño de Middelharnis (1689).

Traxectoria editar

Meindert Hobbema casou a idade de 30 anos, o 2 de novembro de 1668 na Oude Kerk (Igrexa vella) de Ámsterdam cunha cociñeira, Eeltje Vinck de Gorcum. Foron padriños, o irmán da noiva, Cornelius Vinck e o pintor Jacob van Ruisdael, de quen era discípulo Hobbema. O matrimonio tivo catro fillos entre 1668 e 1673. Por influencias da súa muller foi nomeado inspector de viños da cidade de Ámsterdam (1669), cargo no que se mantivo durante corenta anos. Durante ese tempo a pintura non foi para el xa outra cousa que un segundo oficio. A parella viviu en Rozengracht, non lonxe da morada de Rembrandt. En 1704 faleceu a súa dona, e cinco anos despois, o 14 de decembro de 1709, morreu o pintor, que está inhumado na Armenfriedhof der Westerkerk (Cemiterio de pobres da Westerkwrk) en Ámsterdam.

Para algúns é o máis grande dos pintores paisaxistas holandeses xunto con Jacob van Ruisdael. Hobbema é famoso polo seu impactante cadro "O camiño de Middelharnis" (Het Laantje van Middelharnis), 1689, na actualidade exposto na National Gallery de Londres.