Medicina traslacional

A medicina traslacional, ou medicina translacional (MT), moitas veces denominada así mesmo ciencia traslacional, da que forma parte, defínese pola Sociedade Europea de Medicina Traslacional (EUSTM) como "unha rama interdisciplinar do campo biomédico baseada en tres piares principais: grupo de investigación, cama (do doente) e comunidade".[1][2]

Obxectivo editar

O obxectivo da MT é combinar disciplinas, recursos, experiencia e técnicas dentro destes piares para promover mellloras na prevención, o diagnóstico e os tratamentos médicos. En consecuencia, a medicina traslacional é un campo altamente interdisciplinario, cuxo obxectivo principal é unir activos de varias naturezas dentro dos piares individuais col fin de mellorar significativamente o sistema sanitario mundial.[1][2]

Historia editar

A medicina traslacional é unha disciplina en rápido crecemento na investigación biomédica, e ten como obxectivo acelerar o descubrimento de novas ferramentas de diagnóstico e tratamentos mediante o uso dun enfoque multidisciplinar, altamente colaborativo, de "plataforma de investigación á cama".[3]

Dentro da saúde pública, a medicina traslacional céntrase en garantir que as estratexias comprobadas para o tratamento e a prevención de enfermidades se implanten realmente dentro da comunidade. Unha descripión prevalente da medicina traslacional, presentada por primeira vez pola Mesa Redonda de Investigación Clínica do Instituto de Medicina, destaca dous obstáculos (é dicir, áreas distintas que necesitan mellora): o primeiro bloque traslacional (T1) impide que os resultados da investigación básica se proben nun contorno clínico; o segundo bloque traslacional (T2) impide que as intervencións comprobadas se convertan en prácticas estándar.[3]

Os Institutos Nacionais da Saúde realizaron un grande esforzo para financiar a medicina traslacional, especialmente dentro da investigación biomédica, cun enfoque en colaboracións interfuncionais (por exemplo, entre investigadores e médicos); aproveitando novas tecnoloxías e ferramentas de análises de datos; e aumentar a velocidade á que os novos tratamentos chegan aos pacientes. En decembro de 2011, estableceu o National Center for Advancing Translational Science (NCATS) (Centro Nacional para o Avance da Ciencia Traslacional) dentro do National Institutes of Health dos Estados Unidos para "transformar o proceso da ciencia traslacional para que os novos tratamentos e curas para a enfermidade poidan serer administrados aos pacientes".[4] Os Premios de Ciencias Clínicas e Traslacionais, establecidos en 2006 e actualmente financiados pola NCATS, respaldan a 60 centros en todo o país (Estados Unidos) que brindan "fogares académicos para as ciencias da traslación e respaldan os recursos de investigación que necesitan as comunidades de investigación locais e nacionais".[5] De acordo cun artigo publicado en 2007 en Science Career Magazine, entre os anos 2007 e 2013, a Comisión Europea destinou a maior parte do seu orzamento de 6 000 millóns de euros para a investigación en saúde á medicina traslacional.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Cohrs, Randall J.; Martin, Tyler; Ghahramani, Parviz; Bidaut, Luc; Higgins, Paul J. & Shahzad, Aamir (2015): "Translational Medicine definition by the European Society for Translational Medicine". New Horizons in Translational Medicine. 2 (3): 86–88. doi:10.1016/j.nhtm.2014.12.002
  2. 2,0 2,1 Science Translational Medicine. Mission and scope Arquivado 22 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. (en inglés).
  3. 3,0 3,1 Woolf, Steven H. (2008): "The Meaning of Translational Research and Why It Matters" (PDF). JAMA. 299 (2). doi:10.1001/jama.2007.26. PMID 18182604. Arquivado do orixinal (PDF) o 12 de xuño de 2010.
  4. "About NCATS - National Center for Advancing Translational Sciences" Arquivado 15 de marzo de 2015 en Wayback Machine.. National Center for Advancing Translational Sciences.
  5. "Clinical and Translational Science Awards (CTSA) Program Arquivado 15 de marzo de 2015 en Wayback Machine.. National Center for Advancing Translational Sciences.
  6. "European Programs Offer Translational Training" por Elisabeth Pain, 17 de agosto de 2007.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar