Medellín, Badaxoz

Medellín é un concello español situado na provincia de Badaxoz, en Estremadura. Pertence á comarca de Vegas Altas, no centro da rexión.

Modelo:Xeografía políticaMedellín, Badaxoz
Imaxe

Nomeado en referencia aQuinto Cecílio Metelo Pio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°57′47″N 5°57′29″O / 38.963039, -5.958142Coordenadas: 38°57′47″N 5°57′29″O / 38.963039, -5.958142
EstadoEspaña
Comunidade autónomaEstremadura
ProvinciaProvincia de Badaxoz Editar o valor em Wikidata
CapitalMedellín (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Medellín (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.237 (2023) Editar o valor em Wikidata (34,42 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie65 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Guadiana Editar o valor em Wikidata
Altitude264 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación75 a. C. Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal06411 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE06080 Editar o valor em Wikidata

Sitio webmedellin.es Editar o valor em Wikidata

De fundación romana, cabeceira do condado homónimo durante a Idade Media e berce de Hernán Cortés, Medellín conserva, a pesar das desfeitas das guerras e as inclemencias do tempo, un importante patrimonio monumental, cuxos máximos expoñentes son o teatro romano, o castelo medieval e a ponte do século XVII sobre o río Guadiana. A súa economía vira ao redor dunha florecente agricultura de regadío.

Xeografía editar

 
Pontes romana e contemporánea sobre o río Guadiana.

O termo municipal é practicamente chairo, por canto que se inscribe na depresión do Guadiana. Tan só destacan algúns cerros illados e de escasa altitude: a Serra de Enfrente (370 m) e Remondo (362 m) e a Serra de Yelbes, a de maior altidud, con 392 msnm; todas elas na marxe dereita do río; e o cerro do castelo que se atopa na marxe esquerda do Guadiana, río que atravesa en termo, de leste a oeste. Dados os mínimos desniveis, o Guadiana comeza a zigzaguear, presentando diversas canles, entre os que sobresaen o río Guadámez e as crebadas do Charco del Ciervo e do Turuñuelo. O río Ortiga, na marxe esquerda, e o Cagánchez, na dereita, completan a rede fluvial.

Demografía editar

Tiña en 2016 unha poboación de 2.300 habitantes, agrupados en dúas entidades de poboación: a capital Medellín (1.958 hab.) e a pedanía de Yelbes (342 hab.).

Fonte: INE

Lugares de interese editar

  • Teatro romano, en proceso de escavación desde 2007.
  • Castelo de Medellín.
  • Igrexa de Santiago, dos séculos XIII e XVII, hoxe Centro de Interpretación do recinto arqueolóxico.
  • Igrexa de San Martín, dos séculos XIII e XVII.
  • Igrexa parroquial de Santa Cecilia, do século XVI.
  • Ponte sobre o Guadiana, do século XVII, con vinte ollos e fornelo conmemorativo central.
  • Palacio dos Portocarrero, do século XVI.
  • Convento de San Agustín, do século XVII.
  • Torre do Reloxo, do século XIX, antigo torreón da Porta da Vila.
  • Praza de Hernán Cortés, con monumento ao conquistador, obra de Eduardo Barrón (1890).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar