Medellín

Colombia

Medellín é unha cidade situada ó noroeste de Colombia, no centro do val de Aburrá e á beira do río Medellín. É a capital do departamento de Antioquia. Segundo o censo de 2005, tiña 2 223 078 habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do país. A súa área metropolitana, conformada por outros 9 municipios, ten unha poboación de 3 312 165 habitantes, sendo a segunda aglomeración urbana de Colombia.

Modelo:Xeografía políticaMedellín
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 6°14′41″N 75°34′29″O / 6.244747, -75.574828Coordenadas: 6°14′41″N 75°34′29″O / 6.244747, -75.574828
EstadoColombia
DepartamentosAntioquia Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.529.403 (2018) Editar o valor em Wikidata (6.643,39 hab./km²)
Xeografía
Superficie380,74 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.495 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación22 de novembro de 1675 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoalcaldía de Medellín Editar o valor em Wikidata
• Alcalde Editar o valor em WikidataFederico Gutiérrez (2016–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoconcello de Medellín Circunscrición: 0, (Escano: 20) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal050001 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webmedellin.gov.co Editar o valor em Wikidata

É un dos principais centros culturais de Colombia. É sede de importantes festivais de ampla traxectoria e recoñecemento, tanto local, nacional e internacional. Tamén destaca a súa actividade académica e científica, xa que algunhas das universidades colombianas máis importantes teñen a súa sede na cidade.

Toponimia editar

 
Mariana de Austria

Debe o seu nome a que Pedro Portocarrero y Luna, presidente do consello de Indias de España, solicitou dar o nome da súa vila, Medellín (en Badaxoz), a unha localidade de nova fundación en ultramar. O 22 de novembro de 1674 a raíña rexente Mariana de Austria (en representación do seu fillo, Carlos II de España, menor de idade), outorgou a cédula real que confirmaba a fundación da Villa de Nuestra Señora de la Candelaria de Medellín. A proclamación oficial da fundación realizouna o gobernador Miguel Aguinaga y Mendiogoitia o 2 de novembro de 1675.

Ademais, a raíña outorgou o escudo de armas do Medellín estremeño ó americano, a petición do Cabido da Vila, o 24 de xuño de 1676.

Historia editar

O val de Aburrá xa era percorrido hai 10.500 anos por tribos nómades de cazadores e recolectores. Ó chegaren os conquistadores españois xa había asentada unha poboación nativa numerosa, que opuxo pouca resistencia. Eran aburraes, iamesíes, peques, ebéicos, noriscos e maníes, que posiblemente estaban alí desde o século V a.C. Tiñan grandes cultivos de millo e feixón, criaban curíes e cans mudos, tecían mantas de algodón e comercializaban sal. Coñecían a ourivaría. Baixo o dominio español foron repartidos en encomendas e desprazados das súas terras. A deserción, o maltrato, as enfermidades e o duro traballo intensivo na terra e as minas, decimaron o número de habitantes en poucos anos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar