Mecanismo

dispositivo deseñado para transformar as forzas e o movemento de entrada nun conxunto desexado de forzas e movemento de saída

Chámase mecanismo a un conxunto de sólidos resistentes, móbiles uns respecto doutros, unidos entre si mediante diferentes tipos de unións, chamadas pares cinemáticos (pernos, unións de contacto, pasadores etc.), cuxo propósito é a transmision das máquinas reais, e do seu estudo ocúpase a Teoría de mecanismos.

Mecanismo en movemento.

Baseándose en principios do álxebra lineal e física, créanse esqueletos vectoriais, cos cales fórmanse sistemas de ecuacións. A diferenza dun problema de cinemática ou dinámica básico, un mecanismo non se considera como unha masa puntual e, debido a que os elementos que conforman a un mecanismo presentan combinacións de movementos relativos de rotación e translación, é necesario tomar en conta conceptos como centro de gravidade, momento de inercia, velocidade angular etc.

A maioría de veces un mecanismo pode ser analizado utilizando un enfoque bidimensional, o que reduce o mecanismo a un plano.

En mecanismos máis complexos e, polo tanto, máis realistas, é necesario utilizar unha análise espacial. Un exemplo disto é unha rótula esférica, a cal pode realizar rotacións tridimensionais.

Tipos de mecanismo editar

  • Engrenaxes
  • Pistón biela
  • Leva
  • Mecanismo piñón, serra
  • Mecanismos de poleas e correa
  • Mecanismos de barras articuladas
  • Mecanismos de biela e manivela
  • Mecanismo de parafuso/porca

Métodos para analizar un mecanismo editar

A análise dun mecanismo deberíase facer na seguinte orde:

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • SAM (Síntese e Análise de Mecanismos) é un paquete interactivo de software para o deseño, análise (movemento e forza) e optimización de mecanismos planares arbitrarios.
  • mecanESO.Unha WEB onde podes atopar os contidos necesarios para abordar os teus proxectos mecánicos de TECNOLOXÍA na ESO.