Mebyon Kernow (que en córnico quere dicir "Fillos de Cornualla",[4] MK) é un partido nacionalista de Cornualla, un condado do suroeste de Inglaterra. Conta con catro escanos no Consello de Cornualla,[5] e conta con concelleiros en varias vilas e parroquias do condado.[6]

Mebyon Kernow (MK)
Partido político de Cornualla
Dirixentes e organización
LíderDick Cole
MocidadesKernow X
Filiación internacionalAlianza Libre Europea
Historia
Fundación6 de xaneiro de 1951
Posicións políticas
IdeoloxíaRexionalismo[1]
Nacionalismo córnico
Nacionalismo cívico
Socialdemocracia
Ecoloxismo
Europeísmo
Representación
Cámara dos Comúns (escanos córnicos)
0 / 6
Consello de Cornualla[2][3]
4 / 123
Outros datos
SedeLanhainsworth
Fraddon Hill
Fraddon
St Columb
Cornualla
TR9 6PQ
Na rede
www.mebyonkernow.org

Foi fundado en 1952, e o seu máximo dirixente é Dick Cole. O seu ideario é de carácter europeísta e celtista, partidario de buscar un remedio económico local para dar traballo á xente do país. Tamén queren levar a lingua e a cultura córnicas ás escolas. Pertence á Liga Céltica, xunto co Mec Vannin, Partido Nacional Escocés, Unión Democrática Bretoa e o Plaid Cymru.

Historia e características editar

O 6 de xaneiro de 1951 a revista New Cornwall (O novo Cornualla) patrocinara a aparición do Mebyon Kernow, nun acto no hotel Oates de Rysrudh, ó cal asistiron 13 persoas e 7 máis enviaron o seu apoio, entre elas os futuros bardos de Cornualla e un profesor universitario. Nomearon a Helena Charles presidenta, a Lambert Truran secretario, e a George Pawley White tesoureiro. Editan o xornal Kenethel Kernewek (Nación Córnica), influído polo ideario do Plaid Cymru, de carácter celtista e cun programa entre autonomista e federalista, así como cun vago reformismo social, que propón “restaurar a identidade céltica de Cornualla”. Defende a lingua córnica e vai loitar por revitalizala, así como quere manter o carácter e os intereses de Cornualla como nación céltica, todo propiciando os adiantos constitucionais que lle permitan acadar a autodeterminación, á vez que promociona a reanudación non só da lingua, senón tamén da historia, a literatura e do deporte locais, como a loita córnica. Neste mitin adoptarán os sete obxectivos do partido:

  • Estudar as condicións locais e tentar poñer remedo ó que prexudica ós intereses de Cornualla a través da opinión pública.
  • Fomentar a lingua e literatura córnicas.
  • Acometer o estudo da historia córnica dende un punto de vista “córnico”.
  • Aceptar a idea de que Cornualla é unha das seis nacións célticas.
  • Publicar panfletos, artigos e cartas á prensa defendendo este ideario.
  • Organizar actos e concertos de ambiente córnico-céltico en favor de defender o seu ideario.
  • Cooperar con outras sociedades favorabeis a preservar o carácter de Cornualla.

En setembro de 1951 rexistraríase como un partido político partidario do autogoberno córnico.

Desenvolvemento editar

Durante as dúas primeires décadas, non pasou de ser un pequeno grupo de entusiastas. Aínda así, Helena Charles, que deixa de ser a secretaria en 1954 en favor de Cecil Beer, obtén en 1953 un escano no concello de Camborne-Redruth. Ademais, dende 1956 os militantes Helena Charles e P. Pool organitarán campamentos córnicos para dar a coñecer á xuventude a lingua perdida, coa gramática Cornualla para principiantes (Cornish for beginners) . Malia isto, en 1960 o Mebyon Kernow tan só acadara un centenar de militantes.

Nas eleccións locais de 1970 o Mebyon Kernow tan só obtén o 2 % dos votos e unha certa representación a nivel local, grazas ó feito de que en 1971 chegaría ó milleiro de militantes baixo o liderado de Len Truran e Richard Jenkin, que se presentaran ás xerais de 1970. Pero o 25 de maio de 1975 un membro do MK, James Whetler, que se presentara ás xerais de 1974 por Truro, abandona o partido para fundar un novo grupo, o Partido Nacional Córnico (Party Kenethlegk Kernow ou Cornish National Party), máis radical, máis influenciado polo Partido Nacional Escocés e membro da Liga Céltica con outros grupos escoceses, galeses, bretóns e irlandeses.

Notas editar

  1. Frans Schrijver (2006). Regionalism After Regionalisation: Spain, France and the United Kingdom. Amsterdam University Press. pp. 261–290. ISBN 978-90-5629-428-1. 
  2. Keith Edkins (30 de novembro de 2009). "Local Council Political Compositions". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 8 de decembro de 2009. 
  3. Nicholas Whyte (10 de maio de 2005). "The 2005 Local Government Elections in Northern Ireland". Northern Ireland Social and Political Archive. Consultado o 8 de decembro de 2009. 
  4. Dunkerley, Chris (3 de decembro de 2010). Cornwall24.net, ed. "Mebyon Kernow – 60 Years on – and still looking good!" (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2018. 
  5. Cornwall. "Cornwall Councillors". www.mebyonkernow.org. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018. 
  6. "City, Town and Parish Councillors – Our Team". Mebyon Kernow. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar