McFly é un grupo inglés de pop rock/pop punk formado en Londres no 2003. Está formado por Tom Fletcher (voz, ukelele, guitarra e piano), Danny Jones (voz, harmónica e guitarra), Dougie Poynter (baixo e voz) e Harry Judd (batería). Asinaron con Island Records dende o 2004 até decembro de 2007, antes de crear o seu propio selo discográfico, Super Records.[1]

McFly
De esquerda a dereita: Harry Judd, Dougie Poynter, Danny Jones e Tom Fletcher
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período2003 - presente
Xénero(s)pop rock, pop punk
Selo(s) discográfico(s)Island
Super
MembrosTom Fletcher
Danny Jones
Dougie Poynter
Harry Judd
Na rede
Páxina oficial
IMDB: nm1959243 Facebook: mcfly Twitter: mcflymusic MySpace: mcfly Youtube: UCv1b9jffj3tEpdSc020-sGA Spotify: 47izDDvtOxxz3FzHYuUptd iTunes: 13492528 Last fm: McFly Musicbrainz: 72d3dc3f-3984-42b9-89de-42d6eeb1abf3 Songkick: 329182 Discogs: 447402 Allmusic: mn0000866215 Deezer: 5634 Genius: Mcfly Editar o valor em Wikidata

McFly acadou a fama despois de que o grupo Busted os axudara a darse a coñecer convidándoos na súa xira de 2004. No 2005, gañaron o Brit Award ó mellor grupo pop británico.[2] O seu primeiro álbum, Room on the 3rd Floor acadou o número 1 nas listas de álbums do Reino Unido e foi certificado co dobre platino;[3] converténdose na banda máis nova en ter un álbum de debut no número 1, superando a The Beatles.[4]

Notas editar

  1. The Mirror.co.uk, ed. (17 de maio de 2008). "We're gonna McFly solo lads tell record label Tag". Mirror (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  2. "McFly BRITs Profile" Arquivado 02 de marzo de 2012 en Wayback Machine.. Brits.co.uk. Consultado o 21 de novembro de 2012
  3. "BPI Certification for Room on the Third Floor". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2007. Consultado o 23 de novembro de 2007. 
  4. "McFly – The Heart Never Lies single / Greatest Hits Album" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de marzo de 2008. Consultado o 23 de novembro de 2007. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar