Maximino Magariños

escultor galego (1869-1927)


Maximino Magariños Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 18 de novembro de 1869 e finado na mesma vila o 26 de marzo de 1927[1], foi un escultor, ebanista e imaxineiro galego. Un dos tallistas máis importantes de finais do século XIX e comezos do XX.

Infotaula de personaMaximino Magariños

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1869 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de marzo de 1927 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo
Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , imaxineiro , ebanista Editar o valor em Wikidata
AlumnosJosé Mateo Larrauri Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A sinatura do Concordato entre a Igrexa católica e o estado español no ano 1851, e a promulgación da Lei de 1860 pola cal a administración se comprometía a reconstruír igrexas, provocou o crecemento dos obradoiros de imaxineiros. O pai de Maximino Magariños tiña un destes talleres en Santiago de Compostela, e foi naquel ambiente no que dou os seus primeiros pasos no oficio. Academicamente formouse coa axuda da Sociedade Económica de amigos do País, acadando mais tarde unha bolsa coa que ampliou estudos en Madrid.

Obra editar

Con influenzas historicistas e tradicionais, a súa obra encádrase no estilo ecléctico do seu tempo. Os seus retablos relixiosos, tallados en nogueira, castiñeiro ou cedro, mesturan estilizacións prerrafaelistas con formulas barrocas. Traballou sobre todo na contorna compostelá, aínda que tamén ten obras de interese na zona de Vigo e Pontevedra. Algúns exemplos son:

  • O retablo da basílica de Santa María a Maior de Pontevedra.
  • O retablo da igrexa de Santiago de Vigo.
  • O retablo da capela das Reliquias da Catedral de Santiago de Compostela.
  • Representación escultórica de Pedro Froilaz de Trava (c. 1075-1128). Panteón Real da Catedral de Santiago de Compostela.
  • Retablo en madeira de cedro de Maximino Magariños para a Capela das Reliquias da Catedral de Santiago de Compostela (1924).
  • Talla en madeira do Santiago peregrino de Maximino Magariños. Museo de Vigo.

Notas editar

  1. del Castillo Fondevila, María Esther (2018): "Maximino Magariños", en Pedras Vivas nº 49, agosto 2018 (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar