Mauricio de Nassau

Mauricio de Nassau, nado o 14 de novembro de 1567 en Dillemburg, Alemaña, e finado o 23 de abril de 1625 na cidade surholandesa da Haia, Príncipe de Orange, foi estatúder das Provincias Unidas dos Países Baixos (coa excepción da provincia de Frisia) desde 1585 ata a súa morte.

Mauricio de Nassau
Maurits van Nassau
Príncipe de Orange
Estatúder de Holanda, Zelandia, Utrecht, Güeldres, Overijssel e Groninga
PredecesorFilipe Guillerme de Orange-Nassau
SucesorFrederico Henrique de Orange-Nassau

ReinadoFilipe II de España e Filipe III de España
Nacemento14 de novembro de 1567
Dillenburg, Sacro Imperio Romano Xermánico
Falecemento23 de abril de 1625 (57 anos)
A Haia, Provincias Unidas dos Países Baixos
Casa realCasa de Orange-Nassau
ProxenitoresGuillerme I de Orange-Nassau
Ana de Saxonia

Escudo de Mauricio de Nassau
Na rede
WikiTree: Nassau-20

Mauricio de Nassau organizou a rebelión holandesa contra a España e contribuíu militarmente ao seu éxito, o que lle deu sona de grande estratego militar. Maurice dedicouse a recuperar e revisar as doutrinas clásicas do escritor romano do século IV Vegecio sobre os usos militares na antigüidade, e foi pioneiro en novas formas de armamento e de adestramento.[1]

Como curiosidade, do antropónimo Mauricio de Nassau tomouse o topónimo da illa Mauricio, que foi colonizada polos holandeses a partir de 1638.

Traxectoria editar

 
Mauricio de Nassau na súa adolescencia

Mauricio foi o fillo do príncipe Guillerme I de Orange-Nassau (1533-1584) e de Ana da Saxonia (1544-1577), filla do príncipe elector Mauricio de Saxonia (1521-1553).

Mauricio estudaba en Leiden cando o seu pai foi asasinado en 1584, na súa residencia do Prinsenhof, en Delft. Inmediatamente foi elixido presidente do Consello de Estado da Unión e, logo de dous anos, con apenas 20 anos de idade, foi designado estatúder das provincias de Holanda e Zelandia. En 1589 e 1590 acadou o mesmo título para as provincias de Güeldres, Utrecht e Overijssel. Os méritos para estes nomeamentos acadounos nas brillantes campañas de 1590, 1591 e 1592 contra as tropas españolas, e finalmente en 1596, coa  alianza defensiva e ofensiva con Francia e Inglaterra, coñecida como alianza da Haia.

No entanto, ao non ser o maior dos herdeiros do seu pai, o título de Príncipe de Orange non lle correspondeu inicialmente a el, senón ao seu irmán máis vello Filipe Guillerme de Orange. Mauricio tivo que esperar á morte deste, en febreiro de 1618, para acceder ao título de Príncipe de Orange.

Morreu en campaña na cidade da Haia en 1625. Os seus restos descansan na cripta real da Igrexa Nova de Delft.

Conquistas territoriais editar

 
Mauricio de Nassau na batalla de Niewpoort, en 1600

Os límites actuais dos Países Baixos son, esencialmente, os que resultan das contendas militares lideradas por Mauricio de Nassau. Coas súas vitorias de Turnhout (1597) e de Nieuwpoort (1600), e coas tomas de Rheinberg (1597 e 1601), de Graveo e de Sluis (1601 e 1604), contribuíu decisivamente ao triunfo da independencia do país. Con todo, estes éxitos foron atenuados polo Tratado de Antuerpen (1609), como resultado das investigacións de Johan van Oldenbarnevelt.[2]

A partir do seu nomeamento como Príncipe de Ortange, Maurice aspirou ao poder absoluto. Neste sentido, malia a forte resistencia de Van Oldenbarnevelt e de Hugo Grotius, logrou que no Sínodo de Dordrecht (1618) se sancionasen todas as medidas encamiñadas a satisfacer as súas ambicións e, mesmo, que se condenasen a morte os seus opositores, sinaladamente a Johan van Oldenbarnevelt, en 1619.

En 1621 retomou a guerra contra España, aínda que non logrou levantar o bloqueo de Breda por Ambrosio Spinola (1624), nin tomar Antuerpen (1625), campaña en que atopou a morte. [3]

Títulos editar

Notas editar

  1. "Nassau (Maurice de)". En Bouillet e Chassag. Dictionnaire universel d’histoire et de géographie. Hachette. París, 1878. Páxina 1331. (en francés)
  2. Parker, Geoffrey. "The Limits to Revolutions in Military Affairs: Maurice of Nassau, the Battle of Nieuwpoort (1600), and the Legacy". En Journal of Military History (2007) 71#2. Páxinas 331–372 (en inglés)
  3. Roberts, Michael. "The Military Revolution 1560–1660". En Rogers, Clifford. The Military Revolution Debate. Páxinas 14-15. [ISBN 978-0-8133-2054-0] (en inglés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • A. Th. van Deursen, Maurits van Nassau 1567-1625. Bakker. Ámsterdam, 2000. [ISBN 9789035128033] (en neerlandés)
  • Kikkert,J.G. Maurits van Nassau, Aspekt. Soesterberg, 2008. [ISBN 9789059117310] (en neerlandés)
  • Herbert H. Rowen. The Princes of Orange: The Stadholders in the Dutch Republic. Cambridge, Cambridge University Press, 1988. [ISBN 978-0-52134-525-5] (en inglés)
  • Israel, Jonathan I. The Dutch Republic: Its Rise, Greatness, and Fall 1477-1806, 1998. [ISBN 978-0-19820-734-4] (en inglés)

Ligazóns externas editar