Mathuedoi de Poher

Mathuedoi, Mathedoi ou Matuedus, finado ao redor de 930, foi conde de Poher[1]. Algunhas fontes falan de que sucedeu ao seu pai Arnaldo de Poher, pero o anterior conde de Poher documentado antes de Mathuedoi foi Judicael, co que non se sabe cal era a súa relación e que aparece nun diploma no 871.

Infotaula de personaMathuedoi de Poher
Biografía
Nacementoséculo IX Editar o valor em Wikidata
Morte936 Editar o valor em Wikidata
Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Conde Poher
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNN de Bretagne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAlan II Duque da Bretaña Editar o valor em Wikidata
ParentesAlain Ier de Bretagne (pt) Traducir (sogro) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Poher-4

Traxectoria editar

Matuedus estaba casado cunha filla de Alan I da Bretaña, a cuxa morte en 907 reclamou a sucesión ou polo menos envolveuse nas loitas de poder que sucederon entre Rudalt, conde de Vannes, e fillo do falecido, e o conde (ou vizconde) de Cornualla, Gurmhailon ou Gourmaelon, cuxos dereitos non se mencionan. Este último aproveitou a situación para se facer co control do goberno pero non co título real. Como non tiña autoridade, o reino caeu en declive mentres os normandos aproveitaron a situación para asolar o país. Morrería a finais de 913 pero Mathuedoi non puido ocupar o seu lugar e foi obrigado polos normandos a se exiliar en Inglaterra xunto ao seu fillo Alan no 920. Puido saír con toda a súa familia e armas e foi acollido polo rei Aethelstan, que lle deu asilo. Xa non deixou Inglaterra e o seu fillo Alan será o que retornará e recuperará o poder e se fará co trono como conde, tras expulsar os normandos.

Notas editar

  1. Menciónase no Cartulario de Redon, cartas CCLXXV e CCLXXVI do 25 de outubro de 913.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • André Chédeville & Hubert Guillotel, La Bretagne des saints et des Rois Ve-Xe siècle, Editions Ouest France (1984) (ISBN 2858826137)