Mathieu de Arras

arquitecto francés

Mathieu de Arras, nado en Arras cara a 1290 e finado en Praga en 1352, foi un arquitecto, escultor e mestre de obras francés. Foi o primeiro arquitecto da Catedral de San Vito de Praga.

Infotaula de personaMathieu de Arras

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Mathieu d’Arras Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1290 Editar o valor em Wikidata
Arras Editar o valor em Wikidata
Morte1352 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Praga Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de San Vito Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura, enxeñaría civil e Arquitectura medieval Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Aviñón Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , Mestre de obras , albanel , escultor , canteiro Editar o valor em Wikidata
MovementoArte gótica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Find a Grave: 6871799 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Non se sabe moito da súa vida antes de que chegase a Praga. Estivo a traballar na corte papal en Avignon, no Languedoc. Foi alí onde se encontrou co futuro emperador Carlos IV do Sacro Imperio, quen o convidou a ir con el e construír unha nova catedral para o bispado de Praga, que acababa de ser elevado ao rango de arquidiocese. A catedral de San Vito comezou a proxectarse no ano 1341 nun estilo gótico meridional languedociano. O plano básico era moi próximo do da catedral dos santos Xusto e Pastor de Narbona e máis do da catedral de Nosa Señora de Rodez.

 
Ponte de Carlos, Praga, foto de Andreas Groll en 1856.

A primeira pedra non foi posta até 1344 e, durante os oito anos seguintes, até a súa morte, Mathieu de Arras, tivo tempo de acabar oito arcadas do coro, o deambulatorio e as capelas radiais desta.

Estabeleceu os talleres en Hradčany, preto da canteira principal.

Logo da súa morte, en 1352, foi o mozo Peter Parler quen, en 1356, retomou o traballo no obradoiro e a canteira de Mathieu de Arras modificando ás veces radicalmente.

En 1348 iniciou as obras do castelo de Karlštejn (Karlstein en alemá) para o mesmo Carlos.

Obras editar