Matías Usero

escritor e político galego

Matías Usero Rey-Torrente, nado en Ferrol o 12 de maio de 1875 e finado na mesma cidade o 18 de agosto de 1936[1], foi un relixioso, avogado, escritor e político galego.

Matías Usero
Nacemento12 de maio de 1875
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento21 de agosto de 1936
Lugar de falecementoFerrol
Causaferida por arma de fogo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónsacerdote, xornalista, escritor, político e autor
IrmánsAntonio Usero Torrente
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Irmán de Antonio Usero Torrente (1879-1969), alcalde de Ferrol. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, era doutor en Teoloxía e mestre. Foi misioneiro en América e Asia e especializouse en relixións comparadas. Chegou a Porto Rico en 1910, onde se fixo espiritualista. En 1911 partiu para a España e arrepentiuse da súa apostasía[2]. Perseguido pola Congregación do Santo Oficio por modernista e liberal, abandonou a Igrexa. Ingresou na masonaría en 1916. En maio de 1931 impartiu un ciclo de conferencias sobre as diversas relixións no Círculo Mercantil de Vigo. Militou no PSOE, aínda que despois o abandonou por consideralo demasiado submiso á Igrexa católica. Foi vicepresidente do Comité Municipal de Unión Republicana (1935) e da Fraternidad de Cultura Ferrolana, e director da Escuela Racionalista de Ferrol, de carácter anarquista. Foi excomungado e as súas obras foron incluídas no índice de libros prohibidos. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936, foi detido o 24 de xullo e procesado. Foi asasinado o 18 de agosto de 1936.[3]

 
Matías Usero Torrente.

Obras editar

  • Democracia y cristianismo, 1930.
  • El peligro religioso, 1932.
  • Jesuitismo y masonería, 1932.
  • Concepción Arenal: heterodoxa, liberal, librepensadora, hereje, 1933.
  • Las religiones del mundo desenmascaradas, 1933.
  • La Iglesia y su política, 1934.
  • Mi respuesta al P. Tusquets, 1934.
  • La Religión de la Humanidad.

Notas editar

  1. Tezanos Gandarillas, Marisa (2001). Contradicción, coherencia y compromiso: Matías Usero Torrente. Hispania Sacra 53 (CSIC). pp. 267–282. ISSN 0018-215X. doi:10.3989/hs.2001.v53.i107.234. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 14 de setembro de 2016. 
  2. Hernández-Aponte, Gerardo Alberto (2013). Academia Puertorriqueña de la Historia y Decanato de Estudios Graduados e Investigación (DEGI) de la Universidad de Puerto Rico, ed. La Iglesia Católica en Puerto Rico ante la invasión de Estados Unidos de América. Lucha, sobrevivencia y estabilización: (1898-1921). San Juan. pp. 155–157. 
  3. "Siguen las atrocidades fascistas". ABC: 8–9. 2/11/1936. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar