Mass Effect 3

videoxogo de ciencia ficción, rol e shooter de 2012

Mass Effect 3 é un videoxogo de ciencia ficción, rol e shooter de 2012 desenvolvido por BioWare e publicado por Electronic Arts para Microsoft Windows, Xbox 360, PlayStation 3 e Wii U.[2] Anunciado oficialmente o 11 de decembro de 2010,[3][4] foi publicado o 6 de marzo de 2012[5][6] sendo o capítulo final na triloxía Mass Effect, completando a historia do Comandante Shepard.[7][8] A versión para Wii U anunciouse na conferencia de Nintendo da Electronic Entertainment Expo de 2012.[9] A adaptación para Wii U foi desenvolvida por Straight Right[10] e publicada baixo o título Mass Effect 3: Special Edition.[11]

Mass Effect 3
Desenvolvedor(es)BioWare
Straight Right (Wii U)[1]
Distribuidora(s)Electronic Arts
Director(es)Casey Hudson
Produtor(es)Jesse Houston
Deseñador(es)Preston Watamaniuk
Programador(es)David Falkner
Escritor(es)Mac Walters
Artista(s)Derek Watts
Compositor(es)Sascha Dikiciyan
Sam Hulick
Chris Lennertz
Clint Mansell
Cris Velasco
MotorUnreal Engine 3
Lanzamento
XéneroAcción, rol, shooter
Modos de xogoUn xogador, multixogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)Xbox 360, PlayStation 3, Microsoft Windows e Wii U
SerieMass Effect
Na rede
https://www.ea.com/games/mass-effect/mass-effect-3)
IMDB: tt1839558 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O sistema de combate de Mass Effect 3 foi modificado dende os títulos previos. O sistema de cobertura foi mellorado, engadíronse mortes instantáneas en combate corpo a corpo, granadas de tipo máis convencional e unha intelixencia artificial mellorada. Tamén se incluíu un modo cooperativo multixogador para catro xogadores.[12] A historia de Mass Effect 3 cambia substancialmente dependendo das decisións tomadas polo xogador en Mass Effect e Mass Effect 2 ao importar unha partida gardada dende este último.

Mass Effect 3 tivo grande éxito comercial e recibiu boas críticas dos medios. Porén, os posibles finais da historia do xogo recibiron as críticas de moitos xogadores, o que contribuíu a que Bioware publicase un contido descargable gratuíto que elaboraba as consecuencias da decisión tomadas polo xogador ao escoller o final e máis durante toda a serie, así coma aclarando varias dúbidas no argumento. O xogo foi nomeado a cinco premios Spike de 2012, gañando o de Mellor Xogo de Rol.[13]

Notas editar

  1. "Mass Effect 3 and the little-known company behind the Wii U game" (en inglés). Polygon. 7 de setembro de 2012. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  2. Johnny Cullen (12 de decembro de 2010). "Mass Effect 3 confirmed for 360, PC and PS3". VG247. Consultado o 9 de decembro de 2010. 
  3. "Mass Effect 3 Trailer Finally Revealed at VGAs". Game Rant. Consultado o 2012-01-05. 
  4. Gilbert, Ben (2010-12-11). "Mass Effect 3 officially revealed (no, seriously this time)". Joystiq. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2015. Consultado o 2012-01-05. 
  5. Daniel Krupa (2011-08-30). "Mass Effect 3: The End of Shepard – Xbox 360 News at IGN". Xbox360.ign.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2012. Consultado o 2012-01-05. 
  6. "BioWare Announces Mass Effect 3 Release Dates For Europe And US - NowGamer". 16 de agosto de 2011. Consultado o 2011-10-14. 
  7. Castillo, Michelle (13 de decembro de 2010). "The Reapers Abound In "Mass Effect 3"". techland.time.com (Time Inc.). Consultado o 30 de marzo de 2011. 
  8. "Mann, Matt. MASS EFFECT 3: Commander Shepard Last Stand? WhatCulture!". 2011-08-30. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 2011-09-17. 
  9. Thomas, Lucas M. (2012-06-05). "E3 2012: Details for Mass Effect 3's Wii U Edition". IGN. Consultado o 2012-06-06. 
  10. Serrels, Mark (2012-08-29). "Aussie Studio Developing Mass Effect 3 For Wii U". Kotaku Australia. Consultado o 2012-08-29. 
  11. Fahey, Mike (5 de xuño de 2012). "Mass Effect 3 Makes Its Nintendo Debut on the Wii U". Kotaku. Gawker. Consultado o 5 de xuño de 2012. BioWare just announced via its official Twitter account that Mass Effect 3 will be a launch title for the Wii U this holiday season. 
  12. "Choose Language | BioWare Social Network". Social.bioware.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2013. Consultado o 2012-01-05. 
  13. Hinkle, David. "Spike VGA 2012 winners: Walking Dead takes GOTY, Journey floats away with a few awards". Joystiq. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de setembro de 2015.