Mason Plumlee

baloncestista estadounidense

Mason Alexander Plumlee, nado o 5 de marzo de 1990 en Fort Wayne, Indiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).

Mason Plumlee
Los Angeles Clippers – No. 44
Posición Pivote / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 5 de marzo de 1990 (34 anos)
Fort Wayne, Indiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 115 kg (254 lb)
Información da carreira
Instituto Warsaw Community
(Warsaw, Indiana)
Christ School
(Arden, Carolina do Norte)
Universidade Duke (2009–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 22
Por Brooklyn Nets
Carreira dende 2013
Historial de equipos
Brooklyn Nets (2013–2015)
Portland Trail Blazers (2015–2017)
Denver Nuggets (2017–2020)
Detroit Pistons (2020–2021)
Charlotte Hornets (2021–2023)
Los Angeles Clippers (2023–presente)
Premios e galardóns
Primeiro equipo rookie (2015)

Traxectoria editar

Plumlee foi elixido na 22ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Brooklyn Nets.[1] O 3 de xullo de 2013 asinou o seu contrato de rookie cos Nets.[2]

O 25 de xuño de 2015, Plumlee foi traspasado xunto os dereitos de Pat Connaughton ós Portland Trail Blazers a cambio de Steve Blake e os dereitos de Rondae Hollis-Jefferson.[3]

O 13 de febreiro de 2017, Plumlee foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2018 ós Denver Nuggets, a cambio de Jusuf Nurkić e unha elección protexida da primeira rolda do Draft de 2017.[4] O 20 de setembro de 2017, renovou o seu contrato cos Nuggets.[5]

O 1 de decembro de 2020, Plumlee asinou cos Detroit Pistons.[6]

O 6 de agosto de 2021, Plumlee e os dereitos de JT Thor foron traspasados ós Charlotte Hornets a cambio dos dereitos do Draft de Balša Koprivica.[7]

Notas editar

  1. "Cleveland Cavaliers take Anthony Bennett with No. 1 overall pick in 2013 NBA Draft". Yahoo. 28 de xuño de 2013. Consultado o 28 de xuño de 2013. 
  2. "Nets Sign 2013 First Round Pick Mason Plumlee". The Official Site of the Brooklyn Nets. Consultado o 13 de marzo de 2015. 
  3. "Trail Blazers Acquire Mason Plumlee, Draft Rights to Pat Connaughton from Brooklyn". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 25 de xuño de 2015. Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  4. "Nuggets Acquire Mason Plumlee and 2018 Second Round Pick". NBA.com. 13 de febreiro de 2017. Consultado o 13 de febreiro de 2017. 
  5. "Nuggets Re-Sign Mason Plumlee". NBA.com. 20 de setembro de 2017. Consultado o 20 de setembro de 2017. 
  6. "Detroit Pistons Sign Free Agents Mason Plumlee, Jahlil Okafor, Josh Jackson and Deividas Sirvydis". NBA.com. 1 de decembro de 2020. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  7. "Charlotte Hornets Acquire Mason Plumlee and the Draft Rights to JT Thor". NBA.com. 6 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar